Banoffee pops
Os que ledes o blogue xa sabedes de sobra que a combinación prátano-doce de leite é unha combinación que me encanta; e os cake pops son unha desas lambonadas modernas que, ademais de ser moi feitiñas, están moi boas. Ás veces, estes pasteis grandes, cheos de adornos, fondant, buttercream e varios pisos chaman moito a atención, mais cando lle metes o dente, fanse secos, sen sabor ou moi doces. Se me dixeran de escoller unha lambonada bonita e saborosa, eses serían os cake pops. Son ideais para a cativada (pois son pequeniños e como teñen o pau non precisan de ninguén que os axude a papalos) e perfectos para agasallar ou para levar como sobremesa a unha festa. Estes, ademais, como son de galleta, non temos que facer ningún pastel antes. Todo vantaxes! Imos aló! Continue reading “Banoffee Pops”