Terceira Etapa / Third Stage: Zubiri

Terceira Etapa: Zubiri

Despois de probar os sabedeiros perretxikos en Roncesvalles, seguimos o noso particular camiño prato a prato por terras de Navarra e paramos en Zubiri. Nesta pequena localidade a só 20 quilómetros de Iruña, teñen boa fama os embutidos e, especialmente, a txistorra, que se vende nas tendas máis sibaritas da capital. Para preparar a txistorra de Zubiri, precísase pouca cousa, un chisco de aceite, fritila a lume non moi alto para que non se chasque e un anaco de pan. Iso si, habendo ingredientes e fame, o mellor é preparar un dos pratos máis populares: OVOS ROTOS CON TXISTORRA E PATACAS. Se por separado, xa están de vicio, estes ingredientes todos xuntos fan que este sexa un dos pratos máis lambóns e saborosos que se poden facer! E se pode ser con patacas do país e ovos da casa, xa resultará o prato perfecto. Imos aló! Continue reading “Terceira Etapa / Third Stage: Zubiri”

Primeira Etapa / First Stage: Sant Jean Pied de Port

Primeira Etapa: Sant Jean Pied de Port

Comezamos o Camiño de Santiago seguindo as etapas dun dos Camiños máis transitados para chegar a Compostela: O Camiño Francés. Esta primeira etapa comeza en Sant Jean Pied de Port. Esta vila forma parte do País Vasco francés e isto nótase tamén na súa gastronomía. Cando o cultivo de millo se fixo popular no País Vasco, a súa fariña empregábase para facer unhas tortas chamadas TALO que se comían a modo de pan para acompañar pratos como sopas ou queixos. O certo é que en moitas zonas rurais do País Vasco, o talo pasou a ser un alimento básico, especialmente para aquelas persoas que non se podían permitir un pan branco. Co paso do tempo e tendo en conta que a fariña milla foi perdendo presenza, o consumo do talo volveuse algo máis ocasional. A súa forma, textura, sabor e ingredientes recórdannos aos das tortillas típicas da gastronomía de países de América do Sur. O talo pode ir recheo de moitos ingredientes, sendo o máis habitual un bo anaco de chourizo ou txistorra. E aquí vos deixamos a receita. Continue reading “Primeira Etapa / First Stage: Sant Jean Pied de Port”