Torrradas de té matcha / Match French toast

Torradas de té matcha

Despois da viaxe a Xapón, estaba claro que tocaba unha receita larpeira con té matcha, va que si? No hotel de Kyoto descubrín estas torradas feitas con té verde que nos poñían para almorzar e desde que volvín so tiña antollo de volvelas comer, así que o que me quedaba era preparalas na casa. A receita é moi sinxela e aínda que eu sempre as fago con pan de brioche para que sexan aínda máis lambonas, sempre podedes probar a facelas con pan duro, que tamén estarán boísimas! Imos aló! Continue reading “Torrradas de té matcha / Match French toast”

Biscoito de té verde matcha / Matcha sponge cake

Biscoito de té verde matcha

Hai que ver o que me gustan os biscoitos! Recoñezo que niso son bastante tradicional, e un anaco de biscoito para papar no almorzo é un deses grandes pequenos praceres da vida. Xa son unhas cantas as receitas de biscoitos do blogue e a verdade é que a vós tamén semella que vos gustan abondo, non si? Se xa sodes algo seareiras e seareiros das receitas deste blogue, saberedes que o té verde matcha é tamén un ingrediente moi presente, e xa tardaba facer con el un biscoito larpeiro para aledar as mañás. E se lle engadimos un toque de chocolate branco, xa todo mellora aínda máis! Imos aló! Continue reading “Biscoito de té verde matcha / Matcha sponge cake”

Mochi de té verde / Matcha mochi

Mochi de té verde matcha

mochi

Si, xa o sei, outra receita oriental, non teño remedio. Os mochis son unha das miñas sobremesas xaponesas preferidas xunto cos Dorayakis. 😛 Os mochis fanse con arroz glutinoso (que non quere dicir que teña glute, senón que é máis doce), auga e azucre. A maneira máis tradicional de facelos é na vaporeira de bambú, mais quixen facelos no microondas para que fora máis doado para todos. O recheo depende de vós, do que máis vos guste: pasta de xudías rechea de amorodo, xeado, chocolate…ou té verde matcha! Que rico está!!! Non vos explico máis e imos ao choio! O mochi de te verde está boísimo!!! Continue reading “Mochi de té verde / Matcha mochi”

Trufas de té verde / Matcha truffles

Trufas de té verde matcha

matcha truffles

O matcha é un tipo de té verde moído introducido no Xapón alá polo século XII polos budistas. Agora emprégase na ceremonia xaponesa do té, máis o seu sabor e o feito de que sexa un té en po, fai que se empregue con certa frecuencia na repostaría. Estas trufiñas de té verde acostuman a ser un agasallo moi común no Xapón para o día dos namorados. E o seu sabor é moi peculiar porque contrasta o sabor amargo do té co doce do azucre e do chocolate branco. Unha suculencia exótica que gustará a todos, tanto polo seu sabor como pola pinta que teñen. Imos aló! Continue reading “Trufas de té verde / Matcha truffles”