Tartar de salmón afumado / Smoked salmon tartare

Tartar de salmón

salmon tartare

O tartar de salmón adoita facerse co salmón cru, mais con salmón afumado o certo é que está boísimo! E que dicir da combinación salmón-aguacate? É simplemente perfecta. Tanto se vos atrevedes co salmón cru, ou probades co afumado, este aderezo de seguro que vos encanta. É ben sinxelo, e sempre podedes xogar con aqueles ingredientes que vos enchan máis o ollo 😉 Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 200 gramos de salmón afumado
– 1 aguacate
– 2 culleradas de aceite de oliva
– 1 culleradiña de xenxibre en po
– un chisco de pementa
– sal
– 1 lima
– 1 culleradiña de prebe de soia
– 3 follas de coandro picadas
– sésamo (para decorar)

Preparación paso a paso:

1. Cortamos o aguacate e o salmón afumado en cadradiños.

salmon tartare

2. Por unha banda, aderezamos o salmón cunha cullerada de aceite de oliva, o prebe de soia, a pementa, o xenxibre en po e o zume de media lima.

salmon tartare

3. E por outra banda, sazonamos o aguacate con outra cullerada de aceite de oliva, o zume da outra media lima, sal e as follas de coandro picadas. Deixamos que repousen 20 minutiños.

salmon tartare

4. Coa axuda dun aro ou dun molde redondo, botamos o salmón e por riba o aguacate. Decoramos con sésamo e listo!

salmon tartare

salmon tartare

Unha receita que campa que non vexas, que se fai nun plis e que ademais está boísima! Desas receitas coas que quedamos de medo cando temos algún xantar e nos toca cociñar 😀 Se vos gustan o salmón e o aguacate, non podedes deixar de probar esta receita tan saborosísima!

_________________________________________________

Smoked salmon tartare

salmon tartare

Salmon tartare is usually made with raw salmon, but, with smoked one is also veeery tasty! And what about the salmon-avocado couple? One of the best matches ever! No matter if you try it with raw or smoked salmon, this seasoning is so delicious, it will combine perfectly with both. And you can always vary the ingredients used depending on your choice, making your own perfect seasoning. Let’s go!

Ingredients for 2:

– 200 gr smoked salmon
– 1 avocado
– 2 tbsp olive oil
– 1 tsp powdered ginger
– a pinch of pepper
– salt
– 1 lime
– 1 tsp soy sauce
– 3 coariander leaves
– sesame seeds (for decoration)

Step by step preparation:

1. Cut avocado and salmon in little squares.

salmon tartare

2. On the one hand, marinate salmon with 1 tbsp olive oil, soy sauce, pepper, ginger and 1/2 lime juice.

salmon tartare

3. On the other hand, season avocado with 1 tbsp olive oil, 1/2 lime juice, salt and finely chopped coriander leaves. Let all settle for 20 minutes.

salmon tartare

4. With a round mould or a round tin, add salmon and then avocato on top. Decorate with some sesame seeds and that’s it!

salmon tartare

salmon tartare

This is one of those recipes that looks so good, and tastes so much better that it will be your favourite when having to cook for someone else! In less than 30 minutes, you’ll get a good-looking, flavourful and simple recipe!!! Try it and you’ll never regret it 😀

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.