Primeira Etapa / First Stage: Sant Jean Pied de Port

Primeira Etapa: Sant Jean Pied de Port

Comezamos o Camiño de Santiago seguindo as etapas dun dos Camiños máis transitados para chegar a Compostela: O Camiño Francés. Esta primeira etapa comeza en Sant Jean Pied de Port. Esta vila forma parte do País Vasco francés e isto nótase tamén na súa gastronomía. Cando o cultivo de millo se fixo popular no País Vasco, a súa fariña empregábase para facer unhas tortas chamadas TALO que se comían a modo de pan para acompañar pratos como sopas ou queixos. O certo é que en moitas zonas rurais do País Vasco, o talo pasou a ser un alimento básico, especialmente para aquelas persoas que non se podían permitir un pan branco. Co paso do tempo e tendo en conta que a fariña milla foi perdendo presenza, o consumo do talo volveuse algo máis ocasional. A súa forma, textura, sabor e ingredientes recórdannos aos das tortillas típicas da gastronomía de países de América do Sur. O talo pode ir recheo de moitos ingredientes, sendo o máis habitual un bo anaco de chourizo ou txistorra. E aquí vos deixamos a receita. Continue reading “Primeira Etapa / First Stage: Sant Jean Pied de Port”