Orellas de Entroido / Carnival sweet ears

Orellas de entroido

orellas

Ai! Bendito entroido! Esa época do ano na que comemos cocido ata fartar e aproveitamos para lambonear todo o que queremos e máis! Recoñezo que é unha das festas coas que máis gozo, as máscaras, as comparsas, o cocido… e si, para que negalo, aquí na Galiza temos unha tradición de Entroido da que podemos facer alarde. Despois das filloas, as follas de limoeiro ou a bica, xa tocaba outra das máis típicas sobremesas, as orellas. Con estes ingredientes sae unha masa duns 1200 gramos polo que sairán moitas orellas. Se non queredes facelas todas a un tempo, a masa pódese conxelar, así, sempre teremos as nosas orellas a punto. Continue reading “Orellas de Entroido / Carnival sweet ears”