Tortiñas saudábeis / Healthy pancakes

Tortiñas saudábeis de cacao

tortiñas

Estas tortiñas téñeno todo, son saudábeis, sen glute, sen azucres e con moooito sabor a chocolate! E se con isto non abondara, só precisamos 3 ingredientes! E 3 ingredientes ben sinxelos que acostumamos a ter pola cociña. Fanse nun plis, tanto o masa como a tortiñas e, ademais, podemos engadir froitos secos, froitos vermellos e, coma sempre, convén remollalas cun bo chorriño de mel ou de sirope de ágave. E se as queredes facer maís larpeiras, uns anaquiños de chocolate quedaranlle de medo. Imos aló! Continue reading “Tortiñas saudábeis / Healthy pancakes”

Mousse de chocolate / Chocolate mousse

Mousse de chocolate

image

E outra lambetada sen azucre! Se vos gusta o chocolate tanto como a min, de seguro que prepararedes esta receita unha e outra vez! Un intenso sabor a chocolate puro, suave, cremoso e lixeiro! E ademáis, sen azucre e sen gluten! E dixen xa que é saborosísima? 😉 Imos ver como se prepara! Continue reading “Mousse de chocolate / Chocolate mousse”

Tortiñas irlandesas tradicionais / Irish traditional pancakes

Tortiñas irlandesas tradicionais

image

Xa levaba máis dunha semana con gana de facer (e comer) tortitas, pero andaba agardando a ter entre mans esta receita que nos dera o profesor de Costumes e tradicións das Illas Británicas, en Filoloxía Inglesa. É unha receita sinxela e tradicional, e non leva azucre, polo que, acompañado de froitas, de compota de mazá ou de chocolate sen azucre, fará as delicias de calquera larpeiro que non poida tomar azucre! Continue reading “Tortiñas irlandesas tradicionais / Irish traditional pancakes”