Espaguetes de cabaciña con crema de aguacate / Zoodles with avocado

Espaguetes de cabaciña con crema de aguacate

Adoitamos pensar que as receitas máis saudábeis sempre leva máis tempo facelas e, cando temos pouco tempo para cociñar, acabamos facendo un prato de pasta ou de arroz. Esta prato de espaguetes de cabaciña faise en moi pouco tempo, e se tedes algún aparello para cortar as cabaciñas en tiras aínda acabaredes máis axiña. Eu fun co coitelo e aínda así pouco tardei. A crema de aguacate fai que queden uns espaguetes moi cremosos e sabedeiros. Eu aproveitei os ingredientes que tiña de preparar mollo pesto, mais podedes botarlle coandro e non alfábega, ou non botarlle queixo parmesano, se non vos gusta. Iso xa é cuestión de experimentar. Imos aló! Continue reading “Espaguetes de cabaciña con crema de aguacate / Zoodles with avocado”

Magdalenas de cereixa / Cherry muffins

Magdalenas de cereixa

madalenas de cereixa

Con isto da repostaría moderna, ás veces mesmo esquecemos esas lambonadas de sempre que nos sentan de marabilla e que con ingredientes ben sinxelos, saben de medo. Adoro as magdalenas, son moi feitiñas e ademais pódense facer de milleiros de sabores, con froitas, con chocolate, de froitos secos…ás magdalenas todo lles presta! E a nós préstanos moito papalas, non si? A idea inicial era facelas con arandos, mais vendo que xa comezan a asomar as primeiras cereixas, pensei que sempre é moito mellor empregar produtos de tempada, e o certo é que o resultado non pode ser mellor. Imos aló! Continue reading “Magdalenas de cereixa / Cherry muffins”

Nuggets de polo / Chicken nuggets

Nuggets de polo

nuggets

Recoñezo, xa así de principio, que non son moi eu de pedir nuggets en ningún sitio porque, normalmente, sábenme moito a fritido e pouco a polo, e ademais, porque non entendo moi ben iso de picar a carne de polo e engadirlle outras cousas para xuntala de novo e formar os nuggets. Mais un día, despois de ver algún que outro anuncio na tele, pensei: e se probo a facelos eu na casa, sen demasiadas complicacións? Iso si, quería darlle un toque especial, orixinal e que lle dera un sabor diferente ao dun simple polo empanado. Imos aló! Continue reading “Nuggets de polo / Chicken nuggets”

Rosas de Sant Jordi / Sant Jordi Roses

Rosas de mazá de Sant Jordi

rosas

Estas rosiñas poden ser o agasallo perfecto para calquera ocasión, xa sexa Sant Jordi, o día da nai ou o día da lambona 😉 Son moi feitiñas, fanse nun plis, quedan de medo e están boísimas! E ademais, só precisamos ingredientes tan sinxelos como mazás e masa de follado. Conta a lenda que cando Sant Jordi matou o dragón que ía devorar á princesa, do seu sangue saiu unha roseira, polo que Sant Jordi colleu unha rosa e doulla á princesa. De seguro que a princesa quedaría aínda máis contenta se esa rosa fora coma estas 😉 Imos aló! Continue reading “Rosas de Sant Jordi / Sant Jordi Roses”

Berenxenas á parmesana / Aubergines parmigiana

Berenxenas á parmesana

berenxenas

A miña devoción polas berenxenas xa é algo ben sabido por todas aquelas persoas que len o blogue, polo que estaba claro que esta receita non había tardar en aparececer por aquí! As berenxenas á parmesana son unha receita ben sinxela, rápida e saudábel, sendo os seus ingredientes básicos as berenxenas e o prebe de tomate natural con alfábega. Para aquelas persoas intolerantes á lactosa ou que non lles presta o queixo; anacardos, améndoas ou noces de macadamia picadas ben finiñas tamén lle quedan moi ben. Imos aló! Continue reading “Berenxenas á parmesana / Aubergines parmigiana”