Biscoito de lima e arandos / Lime and blueberries cake

Biscoito de lima e arandos

Comezo a pensar que son tan seareira dos biscoitos que ao final hei ter que cambiarlle o nome ao blogue 😀 Gústame preparalos porque un dos pequenos praceres dos que máis gozo é almorzar un anaco de biscoito caseiro pola mañán. Aínda que me gustan todas e cada unha das versións de biscoitos que fixen e coñezo, os de froita son de seguro os que máis me enchen o ollo. Fanse máis frescos, máis sabedeiros e ademais, podemos adaptalos ás distintas froitas de tempada e converter unha masa base moi sinxela nun súper biscoito. Desta vez, entre os arandos e a lima teremos un biscoito cun evidente sabor doce, un punto salgado e un intenso sabor cítrico. Non vos enredo máis e imos aló! Xa veredes que marabilla, repetiredes seguro. Continue reading “Biscoito de lima e arandos / Lime and blueberries cake”

Biscoito de chocolate e viño tinto / Red wine and chocolate cake

Biscoito de chocolate e viño tinto

Si, xa me imaxino que estaredes pensado, un biscoito con viño tinto? Pois si! A idea xurdiu un día destes que estás aburrida e non sabes moi ben que facer. A min eses días sempre me dan ganas de cociñar porque é algo que adoita levantarme o ánimo, e sempre ten unha saborosa e doce recompensa. Despois de botar unha ollada a ver o que tiña pola cociña, vin a botella de viño e pensei en facer algunha lambetada con el. Acordeime do boas que estaban as peras ao viño, así que outra lambonada con viño non podía fallar. Lendo varios artigos pola rede, vin que o viño tinto se pode empregar en doces para potenciar o sabor a chocolate. Rebusquei pola cociña e non tiña cacao puro, mais si que tiña paladín (que é que adoito usar para a torta da avoa), así que agora só quedaba mesturar ingredientes e agardar a que todo saíra ben. E se a receita está aquí é que o resultado foi moi bo, como poderedes intuír, así que non lle teñades medo a esta mestura que nos pode soar tan estraña porque o biscoito ten un sabor espectacular! Continue reading “Biscoito de chocolate e viño tinto / Red wine and chocolate cake”

Bica de Trives / Bica from Trives

Bica de Trives

Encántanme tódalas bicas! Todas elas!!! E máis houbera! 😀 A de Laza xa hai tempo que me namorou totalmente, mais a de Trives, evidentemente, non queda atrás. O paso a paso é quizais máis complexo, mais o resultado é espectacular! As dúas claves para que a bica quede perfecta son a manteiga, polo que paga a pena facer unha inversión ou conseguir manteiga de vaca da tradicional (non mantequilla) e a masa fermentada, que hai que facer previamente. O demais, bater e bater. Os ingredientes son ingredientes de sempre e, aínda que leve algo de tempo facela, eu repetiría unha e mil veces. Así que non perdades a oportunidade de celebrar o Entroido como se merece con esta bica, que é unha marabilla!!! Imos aló! Continue reading “Bica de Trives / Bica from Trives”

Biscoito de lima limón – Lime & lemon sponge cake

Biscoito de lima limón

Xa tardaba outra receita de biscoitos, non si? Este biscoito de lima limón xa o fixera na casa noutra ocasión, mais por cousas que pasan, acabei abrindo a porta do forno cando non tocaba, e o biscoito acabou afundido polo medio e non tiña moi boa pinta, a verdade. Iso si, o sabor era espectacular! Así que estaba claro que tocaba repetir! Gústame moito a textura que lle dan os iogures aos biscoitos e así podemos experimentar con diferentes sabores. E coa desculpa de mercar limas para facer o guacamole, agora case sempre anda algunha pola casa, así que xa estaba todo case feito. Imos aló! Continue reading “Biscoito de lima limón – Lime & lemon sponge cake”

Biscoito de pexegos / Peach cake

Biscoito de pexegos

Unha das cousas que máis me gusta do verán é ir á horta de meus pais e ver como as árbores están cheas de froitos: mazás, pexegos, ameixos, claudias, peras… É unha marabilla! Coller os froitos directamente da árbore e comelos é un deses tan esquecidos pequenos praceres da vida! Este ano, non sei se pola calor, o pexegueiro está a tope de pexegos que xa están no seu punto. E cando veñen tantos á vez, non se me ocorre outra cousa que facer unha larpeirada con eles, como non podía ser doutra maneira! Esta é ben sinxela e non se precisan moitos ingredientes. O resultado, xa o vedes, incrible! A pinta é boa, mais o sabor aínda é mellor! Imos aló! Continue reading “Biscoito de pexegos / Peach cake”

Biscoito de té verde matcha / Matcha sponge cake

Biscoito de té verde matcha

Hai que ver o que me gustan os biscoitos! Recoñezo que niso son bastante tradicional, e un anaco de biscoito para papar no almorzo é un deses grandes pequenos praceres da vida. Xa son unhas cantas as receitas de biscoitos do blogue e a verdade é que a vós tamén semella que vos gustan abondo, non si? Se xa sodes algo seareiras e seareiros das receitas deste blogue, saberedes que o té verde matcha é tamén un ingrediente moi presente, e xa tardaba facer con el un biscoito larpeiro para aledar as mañás. E se lle engadimos un toque de chocolate branco, xa todo mellora aínda máis! Imos aló! Continue reading “Biscoito de té verde matcha / Matcha sponge cake”