Nevadiños

Nevadiños

E mesmo semella que foi onte cando estabamos facendo lambonadas de Nadal no blogue, e xa estamos de volta con novas receitas para seguir enchendo os nosos bandullos de felicidade lambereteira. Desta vez, imos cunha receita que pode que non sexa das máis populares na Galiza, mais polos ingredientes que leva, ben pode comezar a selo 🙂 Quen non ten graxa de porco na casa, ou un bo viño branco? Pois pouco máis nos fai falta, xa veredes! O resultado, unhas ‘galletas’ crocantes, manteigosas, e cun punto doce e salgado, que a min, particularmente, encántame! O paso a paso é taaan sinxelo que estou segura de que unha vez que o vexades, non vos poderedes resistir a preparalos. E aínda menos a comelos! Imos aló! Continue reading

Xelatina de Gin Tonic / Gin Tonic jelly shots

Xelatina de Gin Tonic

Jelly shots

Ao final abreviei así o nome porque Chupitos de xelatina de gin tonic e limón quedaba un chisco longo, mais iso é o que ven sendo esta saborosa, fresquiña e lixeira sobremesa. Tamén pode ser un petisco ideal para a sesión vermut, que vos parece? O sabor é boísimo!!! O toque de limón, a tónica e o aroma e o sabor da xenebra! Pouco máis se pode pedir. Iso si, ide con ollo porque vai indo un detrás de outro, e despois… 😉 Ademais, a que quedan ben riquiños nos limóns? Unha sobremesa moi orixinal, que campa moi ben e que, ademais, con ese saboriño a limón, é marabillosa para estes días de calor. Imos aló! Continue reading