Mini cheesecakes

Mini tortas de queixo

mini cheesecakes

Encántame o queixo en tódalas súas variedades, e non hai máis que botarlle un ollo ao índice de receitas para ver que xa hai unhas cantas de torta de queixo. Desta vez, a estas mini cheesecakes non lle fixen base de galletas, para tomar como tomamos unha magdalena ou un pastel de Belem. Podemos acompañalas do que queiramos, eu aproveitei a marmelada de amorodos e kiwis, mais con nutella, chocolate, doce de leite ou froita estará igual de saborosa. Ou así, sen nada! 😉 Imos aló! Continue reading “Mini cheesecakes”

Torta de queixo de Nova York / New York Cheesecake

Torta de queixo de Nova York

Portada torta queixo

Esta receita de torta de queixo ao forno saqueina do libro de receitas de Hummingbird Bakery, é unha receita moi sinxela de facer, de feito, o único problema que ten é que precisamos dun chisco de tempo para preparala. Máis xa vedes que a pinta que ten é moi boa, non si? Se sodes dos que, coma min, vos gusta probar a torta de queixo nada máis sair do forno, con esta teredes que agardar ata o día seguinte, máis pagará a pena 🙂 Imos aló! Continue reading “Torta de queixo de Nova York / New York Cheesecake”

Crema de cabaciño / Zucchini soup

Crema de cabaciño

Zucchini soup

Outra receita de crema! Desta vez, aínda máis sinxela e moi saborosa. Tendo cabaciños na casa, podemos facer esta saborosa crema e tomar de postre esta torta de chocolate, que fará que os máis chocolateiros non poidan deixar de repetir. Imos aló! Continue reading “Crema de cabaciño / Zucchini soup”

Madalenas de vainilla tuiteiras / Twitter vanilla muffins

Magdalenas de vainilla tuiteiras

image

Iuhuuu!!! E chegamos aos 100 seguidores en twitter!!! (@kukinhasblogue) Que alegría! “I’m so excited…and I just can’t hide it…” Graciñas mil a todas aquelas persoas que me seguen por twitter, aos que sempre len, retuitean ou poñen como favoritos os meus tuits, aos que visitan o blogue de cando en cando, aos que entran por casualidade a ver algunha receita e aos fans incondicionales que lle botan un ollo tódolos días! GRACIÑAS!!! E para celebralo, traiovos unha receitiña de magdalenas de vainilla.

É unha receita doada, con ingredientes sinxelos e un excelente resultado. Animádevos a facelas e a contarme, xa veredes como repetides! Imos aló! Continue reading “Madalenas de vainilla tuiteiras / Twitter vanilla muffins”

Peras ao viño / Red wine poached pears

Peras ao viño

IMG_1460

Unha lambonada rápida, sinxela e moi sabrosa! Nunca antes probara a facer esta larpeirada e a verdade é que a súa preparación é bastante sinxela, pero o que máis me sorprendeu foi o deliciosas que saben as peras cocidiñas co viño, e regadas despois con caramelo de viño, mmm, deliciosas! Imos ver como se fan! Continue reading “Peras ao viño / Red wine poached pears”