Mollo pesto con pistachos / Pesto sauce with pistachios

Mollo pesto con pistachos

pesto con pistachos

Unha das razóns polas que sempre quixen ter na casa unha alfábega é porque tiña moitas ganas de facer pesto caseiro coa miña propia pranta. Despois de varios intentos (semella que isto de ter prantas non é o meu punto forte), por fin conseguín unha fermosa pranta de albábega coas súas follas gordechas, cun verde intenso e un arrecendo incrible. Polo que xa iba sendo hora de preparar un mollo pesto para tomar coa pasta. A receita orixinal é con piñóns, mais tendo en conta que o seu prezo é un chisco elevado e que ademais devezo polos pistachos, decidín facer esta versión máis verde, saborosa e orixinal, que vos parece? Como a pranta aínda é algo pequecha, só lle saquei 10 follas de alfábega, para non deixala sen folla ningunha, polo que a cantidade de follas pode variar segundo as follas de alfábega que teñades. De todas maneiras, recordade que o sabor que aportan é intenso, ide probando pouco a pouco ata que teñades o sabor que máis vos guste. Con 10 follas está de vicio! Imos aló!!! Continue reading “Mollo pesto con pistachos / Pesto sauce with pistachios”

Peitugas recheas / Chicken breast stuffed

Peitugas recheas

peitugas recheas

O máis complicado desta receita de peitugas recheas é abrir as peitugas, mais non vos compliquedes moito con esta parte, podedes pedilo na carnizaría ou ir pouco a pouco abríndoas co coitelo. Non importa se non quedan perfectas, as miñas tampouco quedaron e non abriron nin me fixo falta poñerlles escarvadentes nin fíos. Para facelas, pódense facer ou ben no forno ou ben fritidas na tixola. Eu fritinas e quedaron estupendas, sen aceite de máis, moi zumarentas e fixéronse moito máis rápido que no forno. Para o recheo, empregamos o máis típico, xamón e queixo, cun acompañamento de prebe de trompetas da morte. E estaba todo rico rico! Imos aló! Continue reading “Peitugas recheas / Chicken breast stuffed”

Mini cheesecakes

Mini tortas de queixo

mini cheesecakes

Encántame o queixo en tódalas súas variedades, e non hai máis que botarlle un ollo ao índice de receitas para ver que xa hai unhas cantas de torta de queixo. Desta vez, a estas mini cheesecakes non lle fixen base de galletas, para tomar como tomamos unha magdalena ou un pastel de Belem. Podemos acompañalas do que queiramos, eu aproveitei a marmelada de amorodos e kiwis, mais con nutella, chocolate, doce de leite ou froita estará igual de saborosa. Ou así, sen nada! 😉 Imos aló! Continue reading “Mini cheesecakes”

Gyozas: empanadiñas xaponesas / Japanese Gyozas

Gyozas: empanadiñas xaponesas

gyoza

Se algunha vez probastes estas empanadiñas, xa sabedes o boas que están, e que comer unha detrás de outra e non poder parar acostuma a ser o habitual. E seguro que en canto vexades esta receita e o doada que é, poñerédesvos coas mans na masa. E para aqueles que aínda non as probastes, xa non tendes desculpa. E ademáis, pódense rechear do que máis vos guste. Eu fíxenas cun dos recheos máis típicos, máis por probar que non quede. Imos aló! Continue reading “Gyozas: empanadiñas xaponesas / Japanese Gyozas”

Yakisoba con verduras e zamburiñas / Queen scallops & veggies yakisoba

Yakisoba con verduras e zamburiñas

yakisoba

Hai uns días fun a un supermercado asiático e arrasei, hihihi! Son un perigo! Encántame a comida xaponesa, o sushi, as gyozas, os mochis, os udon, os yakisoba, as okonomiyakis (pizzas xaponesas)…ata o de agora, todo o que probei gustoume! E como me gusta tanto comela, tamén me gusta cociñala, porque xa se sabe, que despois de cociñala, toca papar, non si? Os yakisoba son como uns espaguetis que se toman cun prebe especial e xeralmente acompañados de verduriñas e carne de porco ou lagostinos. Máis como tiña zamburiñas pola casa, decidín facer unha versión con verduras e zamburiñas. Imos aló! Continue reading “Yakisoba con verduras e zamburiñas / Queen scallops & veggies yakisoba”

Follas de limoeiro / Sweet lemon tree leaves

Follas de limoeiro

follas limoeiro

Falando das receitas do Entroido na casa, xurdiu esta receita que quizáis non é tan típica, máis é unha receita ben antiga e que forma parte da gastronomía galega dende hai ben anos. A receita é sinxela, como tódalas do Entroido, e o resultado é saboroso, xeitoso e sorprendente. Imos aló! Continue reading “Follas de limoeiro / Sweet lemon tree leaves”