Tortiñas saudábeis / Healthy pancakes

Tortiñas saudábeis de cacao

tortiñas

Estas tortiñas téñeno todo, son saudábeis, sen glute, sen azucres e con moooito sabor a chocolate! E se con isto non abondara, só precisamos 3 ingredientes! E 3 ingredientes ben sinxelos que acostumamos a ter pola cociña. Fanse nun plis, tanto o masa como a tortiñas e, ademais, podemos engadir froitos secos, froitos vermellos e, coma sempre, convén remollalas cun bo chorriño de mel ou de sirope de ágave. E se as queredes facer maís larpeiras, uns anaquiños de chocolate quedaranlle de medo. Imos aló! Continue reading “Tortiñas saudábeis / Healthy pancakes”

Mochi de té verde / Matcha mochi

Mochi de té verde matcha

mochi

Si, xa o sei, outra receita oriental, non teño remedio. Os mochis son unha das miñas sobremesas xaponesas preferidas xunto cos Dorayakis. 😛 Os mochis fanse con arroz glutinoso (que non quere dicir que teña glute, senón que é máis doce), auga e azucre. A maneira máis tradicional de facelos é na vaporeira de bambú, mais quixen facelos no microondas para que fora máis doado para todos. O recheo depende de vós, do que máis vos guste: pasta de xudías rechea de amorodo, xeado, chocolate…ou té verde matcha! Que rico está!!! Non vos explico máis e imos ao choio! O mochi de te verde está boísimo!!! Continue reading “Mochi de té verde / Matcha mochi”

Torta real / Royal cake

Torta real

torta real

Torta real é o nome co que se lle chamaba antigamente á torta de améndoa que agora coñecemos como torta de Santiago. É unha torta moi sinxela con só 4 ingredientes, ou ben 3, se non lle botades un chisco de augardente, mais recoméndovolo moito, pois dálle un toque moi orixinal 🙂 Ademais, como non leva fariña de ningún tipo, é apta para celíacos. Imos aló! Continue reading “Torta real / Royal cake”