Tortiñas saudábeis / Healthy pancakes

Tortiñas saudábeis de cacao

tortiñas

Estas tortiñas téñeno todo, son saudábeis, sen glute, sen azucres e con moooito sabor a chocolate! E se con isto non abondara, só precisamos 3 ingredientes! E 3 ingredientes ben sinxelos que acostumamos a ter pola cociña. Fanse nun plis, tanto o masa como a tortiñas e, ademais, podemos engadir froitos secos, froitos vermellos e, coma sempre, convén remollalas cun bo chorriño de mel ou de sirope de ágave. E se as queredes facer maís larpeiras, uns anaquiños de chocolate quedaranlle de medo. Imos aló! Continue reading

Tortiñas irlandesas tradicionais / Irish traditional pancakes

Tortiñas irlandesas tradicionais

image

Xa levaba máis dunha semana con gana de facer (e comer) tortitas, pero andaba agardando a ter entre mans esta receita que nos dera o profesor de Costumes e tradicións das Illas Británicas, en Filoloxía Inglesa. É unha receita sinxela e tradicional, e non leva azucre, polo que, acompañado de froitas, de compota de mazá ou de chocolate sen azucre, fará as delicias de calquera larpeiro que non poida tomar azucre! Continue reading