Torrradas de té matcha / Match French toast

Torradas de té matcha

Despois da viaxe a Xapón, estaba claro que tocaba unha receita larpeira con té matcha, va que si? No hotel de Kyoto descubrín estas torradas feitas con té verde que nos poñían para almorzar e desde que volvín so tiña antollo de volvelas comer, así que o que me quedaba era preparalas na casa. A receita é moi sinxela e aínda que eu sempre as fago con pan de brioche para que sexan aínda máis lambonas, sempre podedes probar a facelas con pan duro, que tamén estarán boísimas! Imos aló! Continue reading “Torrradas de té matcha / Match French toast”

Tortilla de pan / Bread omelette

Tortilla de pan

image

Hoxe traiovos unha receita de Pascua. Póñovola por adiantado para que teñades todo preparado e a fagades. Pensando nunha lambonada típica galega de Pascua, recordei que miña avoa me tiña contado que ela sempre facía tortilla de pan o Domingo de Pascua. Ás veces, se se podía, tamén se facía para comer tortilla de pataca, e a tortilla de pan tomábase de postre. É unha lambonada ben sinxela e moi saborosa. Así que non hai excusa! Deixade un pouco pan duro para preparar esta saborosa tortilla. Continue reading “Tortilla de pan / Bread omelette”