Chop Suey

Chop Suey

chop suey

O Chop Suey ven sendo, literamente, anaquiños mesturados, polo que é un prato no que empregamos distintas verduras e carne (seitán -como neste caso- ou tofu) cortadas en tiriñas. O bo desta receita é que non empregaremos nada de aceite e faremos tanto as verduras como a carne con só prebe de soia. Así, quedarán máis suaves, tenras e cheas de sabor. Podedes empregar as verduras que máis vos gusten ou a carne que prefirades. Tamén é unha moi boa opción para cando temos carne ou verduras que nos sobraron doutras receitas. Imos aló! Continue reading “Chop Suey”

Lasaña vexetariana / Vegetarian lasagna

Lasaña vexetariana

Lasaña vexetariana

Da outra vez que merquei seitán para esta receita, sobroume a metade; e como lin que se podía conxelar, conxeleino ata hoxe, que decidín facer unha lasaña vexetariana. A lasaña está boísima sempre, tanto ten os ingredientes que se empreguen, así que esta non vai ser menos. Está para relamber os dedos, o garfo, o prato…todo! Imos aló! Continue reading “Lasaña vexetariana / Vegetarian lasagna”

Seitán con verduriñas ao curry / Seitan and veggies with curry

Seitán con verduriñas ao curry

seitan curry

A última vez que fun a un restaurante vexetariano, e recomendada por unha amiga, probei o seitán por primeira vez, e a verdade é que me gustou moito o seu sabor. O único problema é que non é moi doado de atopar, máis ben paga a pena buscalo un pouquiño e preparalo con esta receita; que xa veredes como vos encanta 🙂 E ademáis, se non o atopades ou non vos gusta, sempre podedes probar a receita con carne. Imos aló! Continue reading “Seitán con verduriñas ao curry / Seitan and veggies with curry”