Berberechos á cariñesa / Cockles Cariño style

Berberechos á cariñesa

Os berberechos son, para min, un dos mariscos máis saborosos que hai, e non precisan de moita historia para saber de marabilla. Mais esta xente de Cariño deu cunha receita moi xeitosa e cuns ingredientes que se por separado xa están bos, así todos xuntos son un pracer para os sentidos. A receita non pode ser máis sinxela e o resultado paga moito a pena, xa veredes! E se tedes a oportunidade de ir por Cariño e probalos alí, xa moito mellor. Polo momento eu póñovos aquí a receita para que vaiades matando o antollo 🙂 Continue reading

Parmentier de queixo San Simón con navallas / San Simon cheese Parmentier with razon shells

Parmentier de queixo, navallas ao allo e tellas de San Simón

Hai uns días chegoume un correo electrónico dunha páxina chamada Terra de preguntas na que me ofrecían enviarme uns produtos para que eu os probara e fixera con eles unha receita. Na súa tenda online hai diferentes produtos galegos e todo se fai cun especial agarimo, traballando con pequenos produtores e garantindo unha calidade excelente. Xa había tempo que tiña gana de facer un parmentier, é desas cousas que sempre que as vexo nalgún restaurante, aí vou dereitiña e pido ese prato, así que xa iba sendo hora de poder degustalo na casa. E que mellor que un queixo San Simón co seu sabor afumado para conseguir un parmentier cremoso cun sabor intenso. E para acompañalo, unhas navallas en conserva ao natural, que fritiremos cun chisco de allo e perexil para potenciar aínda máis o seu sabor. Ademais, co queixo, faremos tamén unhas tellas crocantes que son moi sinxelas, campan moi ben e saben aínda mellor. Imos aló! Continue reading