Espeto de sándwich / Sandwich skewers

Espeto de sándwich

Ás veces as receitas máis sinxelas son as máis sabedeiras. E isto poderíase aplicarse, e de que maneira, a estes espetos de sándwich. A versatilidade destes espetos de sándwich é infinita, e pode adaptarse a calquera gusto, pois o recheo pode variar segundo os ingredientes que máis vos gusten. O paso a paso non pode ser máis sinxelo e a presentación é caralluda, non si? Non me podedes negar que é unha moi boa maneira de presentar uns simples sándwiches e quedar de medo con pouco esforzo, que tamén cómpre de vez en cando. Eu déixovos aquí a miña versión, que estaba de relamber os dedos, mais de seguro que cun pouco máis de imaxinación, faredes auténticas marabillas. Imo aló! Continue reading “Espeto de sándwich / Sandwich skewers”

Sándwich tricolor / Tricolour sandwich

Sándwich tricolor

Encántanme os sándwiches! Adoitan estar de vicio, prepáranse nun plis e ademais, pódense facer de case calquera cousa que teñamos pola cociña. Iso si, ás veces costa pensar que botarlle para dar coa combinación perfecta e que saiban ben. Este sándwich de tres cores descubrino grazas á miña recente paixón pola gastronomía de Korea, e foi un acerto total! Eu probei a facer dúas versións, a orixinal, con xamón cocido, e unha con salmón afumado, que resultou estar aínda máis saborosa!!! 😀 Se queredes facer unha versión sen carne e sen peixe, cambiaremos o xamón e o salmón por tomate picado, está suuuper rico!!! Se vos atrevedes a preparar este sándwich, de seguro que non vos ides arrepentir! É moi suave, case non hai que mastigar e faise moi cremoso, xa veredes! Imos aló! Continue reading “Sándwich tricolor / Tricolour sandwich”

Club Sandwich

Club Sandwich

club sandwich

Facer un sandwich cando un non sabe moi ben que preparar é todo un clásico. É un deses pratos para sair do apuro, que enchen ben o bandullo e saben de medo, para que negalo. O Club Sandwich é un deses sandwiches míticos de hai unha chea de anos, con ingredientes variados que combinados fan que este sandwich sexa uns dos máis saborosos que probei na miña vida! As posibles orixes desta receita son múltiples, mais o importante é que, fora quen fora a persoa que deu con esta receita, pode estar ben orgullosa. Abofé que si! Algúns dos ingredientes poden variar dependendo do sitio onde o preparen, mais os que aquí vos propoño danlle ao sanwich un sabor do melloriño que hai! Imos aló!!! Continue reading “Club Sandwich”