Parmentier de queixo San Simón con navallas / San Simon cheese Parmentier with razon shells

Parmentier de queixo, navallas ao allo e tellas de San Simón

Hai uns días chegoume un correo electrónico dunha páxina chamada Terra de preguntas na que me ofrecían enviarme uns produtos para que eu os probara e fixera con eles unha receita. Na súa tenda online hai diferentes produtos galegos e todo se fai cun especial agarimo, traballando con pequenos produtores e garantindo unha calidade excelente. Xa había tempo que tiña gana de facer un parmentier, é desas cousas que sempre que as vexo nalgún restaurante, aí vou dereitiña e pido ese prato, así que xa iba sendo hora de poder degustalo na casa. E que mellor que un queixo San Simón co seu sabor afumado para conseguir un parmentier cremoso cun sabor intenso. E para acompañalo, unhas navallas en conserva ao natural, que fritiremos cun chisco de allo e perexil para potenciar aínda máis o seu sabor. Ademais, co queixo, faremos tamén unhas tellas crocantes que son moi sinxelas, campan moi ben e saben aínda mellor. Imos aló! Continue reading “Parmentier de queixo San Simón con navallas / San Simon cheese Parmentier with razon shells”

Como preparar sushi / How to prepare sushi

Como preparar sushi

image

Agora que xa temos o arroz listo, queda o máis divertido, preparar os distintos tipos de sushi. Os meus preferidos son os maki, os que levan a alga nori por fora, e en canto aos recheos…imaxinación ao poder! Imos ver como se fai paso a paso! Continue reading “Como preparar sushi / How to prepare sushi”

Boliñas de botelo e San Simón / Botelo and San Simon croquettes

Boliñas de botelo e San Simón

image

Desta vez, unha receita de Entroido salgada, que de larpeiradas xa imos ben servidos coas filloas e a Bica! 🙂 Para todos aos que vos guste o botelo ou que devecedes polas croquetas de cocido, de seguro que estas vos encantan! Teñen un sabor intenso a botelo e suave a queixo San Simón…boísimas! Imos ver como se fan! Continue reading “Boliñas de botelo e San Simón / Botelo and San Simon croquettes”

Patacas recheas de chourizo e San Simón / Chorizo and San Simon baked potatoes

Patacas recheas de chourizo e San Simón

image

Ter un queixo San Simón pola casa é un perigo! Está boísimo, e ademáis queda ben con case calquera prato! E se o xuntamos con chourizos e patacas…mmm…saborosísimo! Esta é unha receita sinxela, leva un chisco de tempo preparala, pero paga a pena! Ademáis, unha vez que lle collamos o punto ás patacas, poderemos rechealas do que máis vos guste. Imos ver como se prepara. Continue reading “Patacas recheas de chourizo e San Simón / Chorizo and San Simon baked potatoes”