Ósos de santo

Ósos de santo

ósos de santo

Aínda quedan uns días para o Samaín (31 de outubro) e o Día de Tódolos Santos (1 novembro), mais para ir abrindo boca, que mellor que uns ósos de santo. E así, poñendo a receita con tempo, non tedes desculpa ningunha para non preparala, pois xa podedes ir mercando os ingredientes con tempo 🙂 Esta sobremesa tradicional galega sempre estaba presente nas paparotas de tódolos santos na casa dos meus avós. Este ano, pensando receitas para estes días de festa, acordeime desta receita e preguntei na casa por ela. Así, maxicamente, e escrita nun anaco de papel (adoro as receitas que pasan así duns a outros!) apareceu esta marabillosa receita de ósos de santo. Dende aquí, moitísimas grazas a todas aquelas persoas que fan que as receitas tradicionais galegas teñan cabida neste blogue. Imos aló! Continue reading “Ósos de santo”

Flan de castañas / Chestnut creme caramel

Flan de castañas

flan castañas

Hai uns días chegaron ás miñas mans unhas castañas moi boas, xeitosas e ben sabedeiras, e como lle prometín á persoa que mas deu, fixen un flan con elas. E quedou boísimo!!! Un intenso sabor a castaña e unha textura moi suave farán deste flan unha auténtica delicia, perfecta para estes días de outono. Continue reading “Flan de castañas / Chestnut creme caramel”

Monstros tolos / Crazy monsters

Monstros tolos

image

Aquí ven a última receita de Samaín! Uns monstriños toleiráns, virollos e con caras raras, que seguro que os máis pequechos devecerán por eles! Son sinxelos de facer, quedan moi chulos e son ben sabedeiros! Imos aló! Continue reading “Monstros tolos / Crazy monsters”

Cupcakes: especial Samaín / Cupcakes: Halloween edition

Cupcakes: especial Samaín

image

Sigo experimentando coas magdalenas de vainilla! Debo recoñecer que, dende tempo atrás, tiña gana de probar a facer buttercream, e máis concretamente, buttercream de Oreo (sí, desas que din que son tan adictivas como a cocaína). E como estes días andamos con receitas de Samaín, aí van estes cupcakes especial para Samaín! Imos aló! Continue reading “Cupcakes: especial Samaín / Cupcakes: Halloween edition”

Ensalada de Samaín / Samhain salad

Ensalada de Samaín

image

Seguimos coas receitas arrepiantes para Samaín! Esta ensalada de vermes e arañas de seguro que triunfará nas vosas terroríficas mesas! É suuuper sinxela de facer, fresquiña e ideal como primeiro prato dun menú escalofriante. Imos aló! Continue reading “Ensalada de Samaín / Samhain salad”

Cupcakes arrepiantes / Creepycakes

Cupcakes arrepiantes

image

Comezamos por aquí o que prometen ser dúas semanas de receitas para celebrar o Samaín como é debido! Preparados? Continue reading “Cupcakes arrepiantes / Creepycakes”