Roliños de inverno / Winter rolls

Roliños de inverno

roliños

Despois dos tan coñecidos roliños de primavera, aquí vai unha versión máis de inverno cun recheo diferente, mais moi rico, saudábel, nutritivo e con produtos de tempada. Da outra vez, fixemos os roliños coa pasta de arroz e fritidos, nesta alternativa máis saudábel, farémolos ao forno e con pasta brick, que é esa pasta moi finiña e crocante que se fai moi axiña no forno e é moi lixeira. Ademais, para esta receita, empregamos un ingrediente moi especial: uns cogomelos ostra cultivados por nós mesmos coa axuda de resetea, un proxecto galego moi especial no que se cultivan cogomelos en pousos de café. Se queredes saber máis, non dubidedes en mirar a súa páxina web. Máis abaixo deixarevos unhas imaxes para que vexades que riquiños son estes cogomelos. Imos aló! Continue reading “Roliños de inverno / Winter rolls”

Roliños de nutella / Nutella rolls

Roliños de nutella e froitas

nutella rolls

Unha sobremesa para relamber os dedos e que, ademais, faise en 15 minutiños e con ingredientes deses que sempre temos pola casa. Unha lambonada das boas!!! E iso que lle botamos froita, por iso de compensar 😉 Así que os que teñades kiwis da horta, aproveitade, que á nutella vanlle de medo. E o ben que van as larpeiradas con chocolate agora no inverno, cousa rica 😀 Imos aló! Continue reading “Roliños de nutella / Nutella rolls”

Boliños preñados caseiros / Home-made chorizo rolls

Boliños preñados caseiros

image

Da outra vez que fixen os boliños foi porque, aproveitando que fixen o pan, decidín meter un chouriciño en dous anacos do pan, pero tiña pendente dende aquela facer uns boliños preñados como teñen que ser! Para ser a primeira vez que experimento, estou máis que contenta co resultado. Con dicirvos que fixen 8, e no que pasaron unhas horas, só quedaban 3…xa vos digo todo! Así que se vos gustan os boliños preñados, collede papel e boli (ou móbil), apuntade os ingredientes e a poñerse mans á masa! Continue reading “Boliños preñados caseiros / Home-made chorizo rolls”

Pan e bolos preñados caseiros / Home-made bread and chorizo rolls

Pan de chalotas e Gruyère e boliños preñados caseiros

Pan e bolo preñado

Pois aqui andamos de novo experimentando coa amasadora! Isto é un vicio! 😉 Xa dende hai tempo tiña gana de facer pan, e despois de mirar milleiros e milleiros de receitas, ocorreseume facer este pan algo distinto. Non tiña gana de agardar a que fermentase a masa, así que se buscades unha receita de pan rápido, con poucos ingredientes e con moi bo sabor, esta é a receita perfecta. Imos aló! Continue reading “Pan e bolos preñados caseiros / Home-made bread and chorizo rolls”