Rolos de verán / Summer rolls

Rolos de verán

Chega o verán, o bo tempo, a calor, as vacacións e unha certa nugalla a poñerse coas mans na masa, especialmente á hora da cea. Ou iso polo menos é o que adoita pasarme a min. Estes rolos de verán son unha solución perfecta para comer saudábel sen ter romper moito a cachola. Non precisamos de moito tempo, nin de moita cociña, nin sequera temos que prender o lume se non queremos, podemos empregar as verduras ou froitas que máis nos gusten e variar a receita tantas veces como queiramos. E si, son moi sinxelos de facer, que aínda non o puxera, va que non? 🙂 Imos aló! Continue reading “Rolos de verán / Summer rolls”

Rolos de pizza / Pizza wheels

Rolos de pizza

Xa había tempo que vira milleiros de receitas destes rolos de pizza e a verdade é que quería preparalos si ou si. Mais tamén teño que confesar que eu pensaba que o sabor ía ser moito máis semellante ao da pizza e non me ía sorprender demasiado. E foi todo o contrario!!! Quedan moi suaves, esponxosos, cremosos…bufff!!! Se erades un chiso escépticas coma min, facédeme caso e probade estes rolos de pizza! Son espectaculares! E iso de comelos así coas mans sen queimarse nin nada é unha gozada!!! En canto aos ingredientes, engadide aqueles polos que máis devezades. Eu hoxe fun ao seguro e non fallei 😉 Imos aló! Continue reading “Rolos de pizza / Pizza wheels”

Filloas recheas / Stuffed filloas

Filloas recheas

filloas recheas

Estes días de chuvia son moi malos para min porque non teño máis que antollo de comer filloas…si, é pensar en frío e chuvia e querer facer filloas. E é que non se pode negar que quenta ben o corpo tanto facelas como comelas, especialmente se se ten a sorte de poder facelas na cociña de leña, todo hai que dicilo. A min gústanme de tódalas maneiras, especialmente con rixóns. E, sobre todo, recén feitas. Conmigo o murico de filloas non dura nada, porque vou facendo e papando. E cando acabo de facelas sempre fago algunha rechea. Como son moi toliña polo sushi, decidín preparar estas así, con esta forma, mais iso xa vos digo que tanto ten. O mellor é enchelas do que máis vos guste e papalas como máis vos apeteza. O queixiño quédalle moi ben porque se derrete e iso é puro vicio!!! Imos aló! Continue reading “Filloas recheas / Stuffed filloas”

Canelóns de berenxena / Aubergine rolls

Canelóns de berenxena

canelóns de berenxena

Aínda que xa estamos recollendo as últimas berenxenas da horta, este ano non nos podemos queixar, pois aínda che duraron ben. A min encántanme, e como proba, non se precisa máis que unha ollada rápida aos milleiros de receitas de berenxenas que hai no blogue. Desta vez, uns canelóns ben rápidos e sinxelos, que ademais campan que rabean e saben de medo! Non é preciso nin gratinalos nin levalos ao forno! Iso si, se lles queredes engadir queixo relado e poñelo a dourar, de seguro que o agradece 😉 Imos aló! Continue reading “Canelóns de berenxena / Aubergine rolls”

Canelóns de cabaciña / Zucchini rolls

Canelóns de cabaciña

canelóns de cabaciña

Chega a hora de xantar ou de cear e no sabes que facer. Cantas veces nos pasa isto, e ao final, acostumamos a caer en facer pratos que non son do máis saudábeis. Esta receita de canelóns de cabaciña é realmente estupenda. Ao non levar pasta, estes canelóns son moito máis lixeiros e o certo é que en canto a sabor, eu prefíroos aos de sempre, pois a cabaciña aporta un sabor fresco que lle dá un toque distintos aos canelóns. Ademaís de ao forno, pódense tamén facer na tixola, como xa fixemos estes raviolis de cabaciña. A leira fai que o meu amor polas cabaciñas sexa xa incondicional 😉 Imos aló! Continue reading “Canelóns de cabaciña / Zucchini rolls”

Roliños de inverno / Winter rolls

Roliños de inverno

roliños

Despois dos tan coñecidos roliños de primavera, aquí vai unha versión máis de inverno cun recheo diferente, mais moi rico, saudábel, nutritivo e con produtos de tempada. Da outra vez, fixemos os roliños coa pasta de arroz e fritidos, nesta alternativa máis saudábel, farémolos ao forno e con pasta brick, que é esa pasta moi finiña e crocante que se fai moi axiña no forno e é moi lixeira. Ademais, para esta receita, empregamos un ingrediente moi especial: uns cogomelos ostra cultivados por nós mesmos coa axuda de resetea, un proxecto galego moi especial no que se cultivan cogomelos en pousos de café. Se queredes saber máis, non dubidedes en mirar a súa páxina web. Máis abaixo deixarevos unhas imaxes para que vexades que riquiños son estes cogomelos. Imos aló! Continue reading “Roliños de inverno / Winter rolls”