Risotto de cabaciña coas súas flores

risotto de cabaciña

Non sei se vós estades a agardar polas receitas de cabaciña, mais eu en canto comezan a dar cabaciñas, xa comezo a discurrir. E xa sabedes que sinto devoción polas súas flores e xa temos unhas cantas receitas con elas, doces e salgadas. Na nosa casa hai moito seareiro do arroz, especialmente do cremoso, así que probamos a facer un risotto de cabaciña coas súas flores. A combinación resulta boísima. A crema de cabaciña coa alfábega fai que sexa un risotto cremosísimo e con moito sabor.

risotto de cabaciña

Nós fixémolo con Gran Biraghi porque era o que tiñamos pola casa, mais por suposto, pódese facer con Parmesano. O limón dálle un toque moi fresco que lle queda ben. E se non podedes conseguir as flores da cabaciña, podedes igualmente facelo sen elas. Como o toman as crianzas, prescindimos do viño, mais se llo queredes botar xa vos conto no paso a paso cando o hai que engadir.

Ingredientes para 4 persoas

  • 1 cebola

  • 1 allo

  • 3 cabaciñas medianas

  • 7 flores de ￲cabaciña

  • Unhas follas de alfábega

  • 1 litro de caldo de verduras

  • 320 gramos de arroz Carnaroli

  • 150 gramos de queixo Gran Biraghi relado

  • 50 gramos de manteiga fría

  • 1 limón

  • Pementa negra (opcional)

Preparación

  • Frítese a cebola cortada en anacos pequenos nun pouco de manteiga ata que fique transparente.risotto de cabaciña
  • Mentres, cortamos as cabaciñas en rodelas e poñémolas a cocer en auga con sal.risotto de cabaciña
  • Engadimos o allo cortado tamén en anacos pequenos ata que comecemos a notar o seu arrecendo.
  • Botamos o arroz, mesturamos e deixamos que se faga ata que se vexa transparente.risotto de cabaciña
  • Engadimos un cullerón de caldo quente (sempre o botaremos quente para que o arroz non quede duro) e remexemos ata que o arroz absorba o caldo. Se botades viño, botariadelo neste paso, antes do caldo ou antes de botar o arroz.risotto de cabaciña
  • Seguimos botando caldo pouco a pouco, remexendo e non engadindo máis ata que estea absorbido. Deixamos un pouco para despois. risotto de cabaciña
  • Mentres, sacamos as cabaciñas cocidas, escorrémolas e triturámolas xunto coas follas da alfábega.risotto de cabaciña
  • Deixando un pouco de caldo, engadimos o puré de cabaciña e alfábega.risotto de cabaciña
  • Seguimos a remexer de cotío e acabamos engadindo o caldo que nos queda, se for preciso.
  • Picamos as flores de cabaciña e botámolas. risotto de cabaciñarisotto de cabaciña
  • Engadimos a manteiga fría en anacos e o queixo relado. Remexemos de novo.

E xa teriamos preparado o noso risotto de cabaciña coas súas flores. Xa no prato, engadimos a reladura do limón (mellor sempre relalo no momento) e a pementa negra, se se quere. Cómpre tomalo ben quentiño, e se sobra, cousa que dubido, sempre podedes preparar uns arancini. Semellan moitos pasos mais en realidade o máis complexo é ter que remexer o arroz, o demais é ir engadindo ingredientes. De verdade que é un dos risottos máis cremosos que probei na miña vida. E aínda probei uns cantos, a verdade. Dádelle unha mellor vida a esas cabaciñas que tedes pola horta e xa veredes como habedes repetir. E se nunca probastes a cociñar coas súas flores, eu recoméndovos moito que fagades a proba e preparedes algunha receita con esta marabilla de ingrediente.

risotto de cabaciña

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.