Poke Bowl

Poke Bowl

De seguro que este nome vos soa de algo. Xa hai un tempo que este prato típico de Hawaii se fixo ben famoso e comezou a aparecer por tódolos vídeos de receitas, blogues e, incluso, restaurantes. A receita tradicional leva atún e non leva arroz, mais nós fixemos a nosa propia versión para facelo un prato máis completo e máis sinxelo. Se xa de por si ten boa pinta, en canto o probedes, enamorarédesvos. É un prato fresco, lixeiro e cheo de sabor! Prepárase moi axiña e o paso máis complicado é cortar os ingredientes! Quen se apunta a preparar este súper prato? Imos aló! Continue reading “Poke Bowl”

Arroz fritido / Fried rice

Arroz fritido

arroz fritido

Despois de tanto e tanto tempo, descubro que non teño a receita de arroz fritido no blogue. E como pode ser? Co que a min me gusta e o ben que cumple as miñas máximas de receita perfecta: rápido, sinxelo, saudábel e saborosísimo. O arroz fritido é unha receita ben socorrida, desas que sabe de medo e faise nun plis, e ademais, perfecta para cando temos que quedar a comer no traballo. Ademais, deixovos dous ingredientes que lle dan un toque moi especial e fan que aínda estea máis bo. Imos aló! Continue reading “Arroz fritido / Fried rice”

Seitán con verduriñas ao curry / Seitan and veggies with curry

Seitán con verduriñas ao curry

seitan curry

A última vez que fun a un restaurante vexetariano, e recomendada por unha amiga, probei o seitán por primeira vez, e a verdade é que me gustou moito o seu sabor. O único problema é que non é moi doado de atopar, máis ben paga a pena buscalo un pouquiño e preparalo con esta receita; que xa veredes como vos encanta 🙂 E ademáis, se non o atopades ou non vos gusta, sempre podedes probar a receita con carne. Imos aló! Continue reading “Seitán con verduriñas ao curry / Seitan and veggies with curry”

Ensalada de lentellas e arroz / Lentils and rice salad

Ensalada de lentellas e arroz

Ensalada lentellas

Agora que semella que se está achegando o bo tempo, é momento de preparar ensaladas. Desta vez, traiovos unha ensalada de lentellas con arroz apta para veganos e vexetarianos. Podedes preparala só con lentellas, máis ao engadirlle o arroz, faredes que sexa máis nutritiva. Ademáis, está boísima e é moi lixeira, rápida e sinxela de preparar. Verán, xa podes chegar, que estamos preparados!!! Imos aló! Continue reading “Ensalada de lentellas e arroz / Lentils and rice salad”