Restaurante A MACETA

Restaurante AmacetA

Sendo eu do Barrio de San Pedro xa tardaba probar este novo restaurante co seu recente premiado cociñeiro Jorge Gago. Xa había tempo que lle tiña ganas, mais por unha cousa ou por outra, non tiven oportunidade ata o de agora, ademais, quería ir con máis xente para poder probar máis cousiñas e contarvos 🙂 En xeral, saímos todos (os 4) encantados. Houbo pratos que nos gustaron máis que outros, mais todos repetiriamos sen dúbida. A continuación contareivos cales foron os pratos que probamos e cales nos gustaron máis. Imos aló! Continue reading “Restaurante A MACETA”

Viaxe gastronómica – NAVARRA – Gastronomic trip

Viaxe gastronómica: NAVARRA

Navarra é un paraíso natural, tinguida de verde, con recunchos cheos de historia e sitios de bo comer. Aquí explicareivos un pequeno itinerario para facer por Navarra, sempre facendo fincapé no aspecto gastronómico, que para iso estamos. Pasaremos por Iruña, Urdax e Lizarra, tres sitios moi fermosos e onde se pode lambonear de moitas maneiras. As propostas gastronómicas son moi distintas e para tódolos petos, sempre procurando probar pratos e produtos típicos. Comezamos a nosa viaxe gastronómica por Navarra. Imos aló! Continue reading “Viaxe gastronómica – NAVARRA – Gastronomic trip”

Restaurante Carlota Akaneya

Carlota Akaneya

**Imaxe extraída da páxina web do restaurante Carlota Akaneya

O restaurante Carlota Akaneya é un restaurante que se podería definir de moitas maneiras, mais esta é a que máis me gusta: o resultado de xuntar un galego, un catalán e unha xaponesa. De aí, só poden saír cousas boas. E a verdade é que non é para menos. Quen me coñeza un chisco, sabe que non son eu moi tola pola carne. Ou iso acostumaba a pensar ata que fun alí. O Carlota Akaneya é o único restaurante Sumiyaki que temos por estes lares. A idea, segundo lin, xurdiu dunha viaxe a Xapón e de querer trasladar un anaco da súa cociña menos coñecida a Barcelona. Ademais da súa excelente proposta gastronómica, que detallarei máis adiante, gustaríame destacar a amabilidade de todo o persoal que alí traballa e a paixón que teñen polo que fan, tanto dentro como fóra da cociña. Para min é sempre unha parte moi importante da propia experiencia. Como vedes, non acostumo a falar de moitos restaurantes e, se o fago, é porque a experiencia foi enriquecedora en tódolos sentidos. Imos aló! Continue reading “Restaurante Carlota Akaneya”

Viaxe gastronómica- BESALÚ – Gastronomic trip

Besalú

image

Como me gustan as viaxes gastronómicas! Recoñezo que son unha desas persoas que, co paso do tempo, esquece algunha das cousas que visitou, pero xamáis esquezo aqueles sitios onde comín de medo e cun trato excepcional. Continue reading “Viaxe gastronómica- BESALÚ – Gastronomic trip”