Torta Red Velvet / Red Velvet cake

Torta Red Velvet

red velvet

Se hai unha torta que queda ben bonitiña e que campa un mogollón, esa é a Red Velvet. Esa cor vermella intensa e esa cremiña de queixo que está taaan boa fan que sexa unha das tortas preferidas de moita xente. Despois de poñervos a receita dos cupcakes de Red Velvet, imos agora con esta versión máis grande, unha torta de 3 pisos con recheo de crema de queixo e con crema de queixo por todas partes. Saborosísima!!! Non vos poño foto do corte porque esta torta será papada por outras lambonciñas e lambonciños, así que non lle poderei sacar a foto, mais xa vos imaxinades a pintaza que ten. Incrible! E o paso a paso, do máis sinxelo. Imos aló! Continue reading “Torta Red Velvet / Red Velvet cake”

Red Velvet Cupcakes

Red Velvet Cupcakes

image

O prometido é débeda, así que xa están aquí, por demanda popular, os Red Velvet Cupcakes! Unha receita que se volveu moi popular neste último ano, e con razón, porque están moi bos!

Para facer esta receita, aproveitarei para explicarvos unha cousiña, e todo polo antoxo que me deu ultimamente de querer probar a facer o azucre invertido. O que? Diredes vos. Pois eu explícovos. Empregando bicarbonato sódico e ácido tártaro, conseguiremos separar a fructosa e maila glucosa. O azucre e, polo tanto, a sacarosa, está formado por estes dous elementos: a fructosa e a glucosa, coa axuda do ácido tártaro e o bicarbonato, conseguiremos separalos. Desta maneira, o fermento aumenta o tamaño da masa porque é quen de dixerilos mellor por separado. Tamén se utiliza para que os boliños e pasteis queden esponxosos durante máis tempo. E se queredes usalo para facer xeados, adiante! Quedarán máis cremosos e con menos xeo.

Así que, dobre risco! A receita dos cupcakes, que é a primeira vez que os fago, e o azucre invertido, que ademáis de ser a primeira vez que experimento con estas cuestións químicas, non sei como funcionará cos cupcakes! Imos aló! Continue reading “Red Velvet Cupcakes”