Macarróns gratinados / Macaroni au gratin

Macarróns gratinados

Hai días nos que apetecen macarróns, ou polo menos iso me pasa a min. Recoñezo que son bastante de antollos con isto da comida e hai pouco andaba eu pola rúa e veu un aroma a macarróns gratinados que… bufff, non me puiden resistir a preparalos na casa! É unha receita sinxela que a maioría de nós xa preparamos algunha que outra vez, sobre todo, se temos cativada pola casa. De cando en cando xa toca facer algún prato que non é tan saudábel, mais que si nos trae recordos de cando eramos pequenos e nos facían estes pratos tan divertidos e saborosos 😉 Imos aló! Continue reading “Macarróns gratinados / Macaroni au gratin”

Poke Bowl

Poke Bowl

De seguro que este nome vos soa de algo. Xa hai un tempo que este prato típico de Hawaii se fixo ben famoso e comezou a aparecer por tódolos vídeos de receitas, blogues e, incluso, restaurantes. A receita tradicional leva atún e non leva arroz, mais nós fixemos a nosa propia versión para facelo un prato máis completo e máis sinxelo. Se xa de por si ten boa pinta, en canto o probedes, enamorarédesvos. É un prato fresco, lixeiro e cheo de sabor! Prepárase moi axiña e o paso máis complicado é cortar os ingredientes! Quen se apunta a preparar este súper prato? Imos aló! Continue reading “Poke Bowl”

Tacos

Tacos

Estaba desexando atopar tortillas para facer tacos e non había maneira. Mais hai uns días mirando pola zona internacional do supermercado, vin unhas tortillas crocantes para tacos que me tiñan moi boa pinta (e sen aceite de palma, que xa é tamén algo raro). Así que pensei…adxudicadas! Desta vez vai! E non foi só unha vez, xa van dúas ou tres! 😀 Que bos están!!! Estou escribindo a receita, e xa me está entrando unha fame…vaia, fame…máis ben antollo de tacos outra vez! Xa veredes que ingredientes máis sinxelos e que resultado tan espectacular! Imos aló! Continue reading “Tacos”

Biscoito de té verde matcha / Matcha sponge cake

Biscoito de té verde matcha

Hai que ver o que me gustan os biscoitos! Recoñezo que niso son bastante tradicional, e un anaco de biscoito para papar no almorzo é un deses grandes pequenos praceres da vida. Xa son unhas cantas as receitas de biscoitos do blogue e a verdade é que a vós tamén semella que vos gustan abondo, non si? Se xa sodes algo seareiras e seareiros das receitas deste blogue, saberedes que o té verde matcha é tamén un ingrediente moi presente, e xa tardaba facer con el un biscoito larpeiro para aledar as mañás. E se lle engadimos un toque de chocolate branco, xa todo mellora aínda máis! Imos aló! Continue reading “Biscoito de té verde matcha / Matcha sponge cake”

Muhammara

Muhammara

O Muhammara é unha especie de pasta para untar tipo hummus típica de Alepo, Siria. Os ingredientes básicos son o pemento, as noces e a granada e resulta unha crema con moito sabor e unha textura moi especial. Esta receita descubrina vendo unha película na que probaban o Muhammara, e de aí chegou a idea de facela para o blogue. Eu, coma sempre, deille o meu toque persoal, que vos explico ao final da receita. Para acompañalo, podemos facelo con pan torrado ou ben con crudités de cenoria e cabaciña. Imos aló! Continue reading “Muhammara”

Rolos de carne con verduras / Steak and veggies rolls

Rolos de carne con verduras

Esta receita de rolos de carne con verduras resulta unha receita moi orixinal, divertida, moi sabedeira e, sobre todo, saudábel! 😀 O tipo de carne empregado ou o recheo pode variar, xa sabedes que o mellor é probar ata atopar a maneira que máis vos guste. Nós acompañamos este prato cunhas patacas ao forno con prebe picante, mais estou segura de que unhas Jacket potatoes habían facer un dos mellores acompañamentos. É un prato moi socorrido e que campa moi ben, xa veredes que sinxelo! Imos aló! Continue reading “Rolos de carne con verduras / Steak and veggies rolls”