Hamburguesa Italia / Italy burger

Hamburguesa Italia

Despois do éxito da Hamburguesa Kukinhas, tocaba experimentar con novos ingredientes para conseguir outra hamburguesa ben sabedeira. Para facela, empregamos ingredientes que todos asociamos coa cociña italiana e que casan todos moi ben! Ademais, ao preparar a hamburguesa, empregamos tamén especias cun toque italiano para que cada trabada nos trasladara por completo a Italia. Agardaba que o seu sabor fora incrible, mais o resultado aínda me sorprendeu máis! Con esta súper receita, nunca volveredes tomar unha hamburguesa aburrida cos ingredientes de sempre. E aínda hai máis receitas por vir! Continue reading “Hamburguesa Italia / Italy burger”

Mousse de chocolate con leite / Milk chocolate mousse

Mousse de chocolate con leite

Esta súper receita de mousse de chocolate con leite só leva dous ingredientes! E non, non leva nin ovo, nin fariña, nin azucre engadido. De feito, eu que estaba algo lambona o día que a fixen, empreguei chocolate con leite, mais se queredes, podedes facela perfectamente con chocolate negro sen azucre e aínda será máis saudábel. A textura xa vedes que é hiper esponxosa e cremosa, cun sabor intenso e unha sensación no padal como se lle deramos unha trabada a un anaquiño de nube. Ademais, é unha receita apta para veganos, ou intolerantes ao ovo ou á fariña. Tampouco leva aceites nin manteigas. Vaia, que é a receita de mousse perfecta e si, só dous ingredientes. E un xa o sabedes, cal pode ser o outro? Non agardes máis para sabelo! Continue reading “Mousse de chocolate con leite / Milk chocolate mousse”

Queixadiñas / Quesadillas

Queixadiñas

Non é por nada, mais encántame o nome de Queixadiñas! Sona ben riquiño, non si? As queixadiñas non deixan de ser unha tortilla de trigo rechea de queixo torrada nunha grella para que o queixo quede ben derretido e cremoseiro. Aínda que o ingrediente principal é o queixo, sempre se lle pode dar algunha que outra alegría para darlle máis sabor e facelas máis larpeiras 😉 Déixovos dúas opcións que a min me gustan moito, unha máis típica e outra máis ‘mallorquina’ hihihi. Imos aló! Continue reading “Queixadiñas / Quesadillas”

Napolitanas de chocolate / Pain au chocolat

Napolitanas de chocolate: receita rápida

napolitanas

Unha receita moi larpeira e ben rápida. Nuns 15 minutiños, teredes listas para meterlles o dente unhas saborosas napolitanas recheas de chocolate branco, negro, con leite…ou dos dous! E para iso, só precisamos 4 ingredientes. Imos aló! Continue reading “Napolitanas de chocolate / Pain au chocolat”

Albóndegas de avea / Oats meatless meatballs

Albóndegas de avea

albóndegas avea

Xa sei o que estaredes pensando, albóndegas de avea?!? Iso pensei eu a primeira vez que mo dixeron, pero o certo é que unha vez que as probas, só tes gana de preparalas unha e outra vez. O bo que teñen é que se lle poden engadir verduriñas. Eu, desta vez, engadinlle cenoria e cabaciño. Ademáis, son moi moi moi doadas de facer, e moi rápidas, polo que vos poderán sacar dun apuriño cando non teñades moito tempo para cociñar. E se todo isto fora pouco, o mellor é que son moi saudables. Imos aló! Continue reading “Albóndegas de avea / Oats meatless meatballs”

Turrón de chocolate caseiro / Homemade chocolate turron

Turrón de chocolate caseiro

Turron chocolate

En canto vexades o rápido e sinxelo que resulta facer o turrón de chocolate na casa e o bo que está, seguro que non o volvedes mercar! Nuns 10 minutiños e cuns ingredientes ben doados de atopar, teredes un turrón de chocolate ao que, ademáis, poderedes engadirlle outros ingredientes que vos gusten e facelo totalmente persoalizado! 🙂 Imos aló! Continue reading “Turrón de chocolate caseiro / Homemade chocolate turron”