Mini cheesecakes

Mini tortas de queixo

mini cheesecakes

Encántame o queixo en tódalas súas variedades, e non hai máis que botarlle un ollo ao índice de receitas para ver que xa hai unhas cantas de torta de queixo. Desta vez, a estas mini cheesecakes non lle fixen base de galletas, para tomar como tomamos unha magdalena ou un pastel de Belem. Podemos acompañalas do que queiramos, eu aproveitei a marmelada de amorodos e kiwis, mais con nutella, chocolate, doce de leite ou froita estará igual de saborosa. Ou así, sen nada! 😉 Imos aló! Continue reading “Mini cheesecakes”

Crema de cabaciño / Zucchini soup

Crema de cabaciño

Zucchini soup

Outra receita de crema! Desta vez, aínda máis sinxela e moi saborosa. Tendo cabaciños na casa, podemos facer esta saborosa crema e tomar de postre esta torta de chocolate, que fará que os máis chocolateiros non poidan deixar de repetir. Imos aló! Continue reading “Crema de cabaciño / Zucchini soup”

Madalenas de vainilla tuiteiras / Twitter vanilla muffins

Magdalenas de vainilla tuiteiras

image

Iuhuuu!!! E chegamos aos 100 seguidores en twitter!!! (@kukinhasblogue) Que alegría! “I’m so excited…and I just can’t hide it…” Graciñas mil a todas aquelas persoas que me seguen por twitter, aos que sempre len, retuitean ou poñen como favoritos os meus tuits, aos que visitan o blogue de cando en cando, aos que entran por casualidade a ver algunha receita e aos fans incondicionales que lle botan un ollo tódolos días! GRACIÑAS!!! E para celebralo, traiovos unha receitiña de magdalenas de vainilla.

É unha receita doada, con ingredientes sinxelos e un excelente resultado. Animádevos a facelas e a contarme, xa veredes como repetides! Imos aló! Continue reading “Madalenas de vainilla tuiteiras / Twitter vanilla muffins”

Roliños de primavera / Spring rolls

Roliños de primavera

image

Di Eduard Punset que é máis importante facerlle caso á intuición que á razón. Así que seguindo o seu consello, traiovos esta receita de roliños porque teño a intuición de que vos vai encantar!

Por certo! Hai pouquiños días este blogue chegou ás 1.000 visitas!!! Que alegría saber que dedicades un pouquiño do voso tempo a mirar este blogue! Graciñas 1.000!!! Continue reading “Roliños de primavera / Spring rolls”

Pencas recheas / Stuffed white (swiss) chard stalks

Pencas recheas

IMG_1450

Cando mercamos as acelgas, pásanos moitas veces que non sabemos que facer coas pencas (a parte branca do talo) e polo xeral, non se aproveitan. Con esta receita, veremos como aproveitar as pencas, dando como resultado unha receita doada e cun bo resultado. Ademáis, é unha moi boa opción para que os nenos coman vexetais. Continue reading “Pencas recheas / Stuffed white (swiss) chard stalks”