Ramen de tofu / Tofu Ramen

Ramen de tofu

Quen siga un pouco este blogue tan lambereteiro, saberá de sobra o que desfruto e me gusta a comida oriental! Cando fun a Xapón, xa era moi seareira da súa gastronomía, mais non sabía eu a de pratos que aínda me quedaban (e me quedan) por probar! Un dos que máis me gusta porque creo que é un prato moi completo, ademais de nutritivo e perfecto para o inverno, é o ramen. As súas múltiples versións, fan que case non haxa ninguén no mundo a quen non lle guste, pois xa sexa de verduras, picante, con brotes de soia, con tenreira, porco ou polo, o ramen está sempre moi bo!!! Cando o probei por primeira vez en Xapón foi en Arashiyama e, como este, levaba tofu, así que tiña claro que a primeira vez que ía preparar ramen na casa sería así, con tofu. É unha receita moi sinxela, e por suposto case nada que ver co ramen de Xapón, mais si para quitar o antollo! Eu desfrutei moito facéndoo e é un prato que precisa que o fagamos con moito tempo e moito agarimo, e así sairá estupendo, xa veredes! Imos aló!!! Continue reading