Albóndegas recheas / Stuffed meatballs

Albóndegas recheas

albóndegas

Xa había tempo que rondaba pola miña cachola a idea de facer albóndegas caseiras. É ben certo que nunca foron santo da miña devoción, de feito, cando era pequecha, miña nai sempre facía para min hamburguesas e non albóndegas, é dicir, dáballe forma de hamburguesa á mesma carne picada, rebozábaa e fritíia coma se fose unha hamburguesa. E así, a pequena Kukinhas comíaas de marabilla. Xa podedes deducir que era un chisco tiquismiquis con estas cousas porque a carne era a mesmiña. Tamén debo confesar que sigo preferindo as hamburguesas ás albóndegas, mais funme reconciliando con elas e agora xa me gustan algo máis 😉 Desta vez, para darlle un toque diferente, as albóndegas van recheas de queixo e con alfábega. Polo demáis, o de sempre, un prato sinxelo, rápido e si, saborosísimo!!! Imos aló! Continue reading “Albóndegas recheas / Stuffed meatballs”

Pementos de Padrón recheos / Stuffed Padron peppers

Pementos de Padrón recheos

image1

Pementos de Padrón??? Recheos??? Co pequenos que son??? Siiii!!! E están boísimos! De verdade! Non dan moito choio, non vos asustedes, nin escollendo os pementos máis grandes, nin nada. Só hai que ir cun pouco de tino e xa está! Ademais, para evitar que o queixo se nos escape, farémoslle un dobre empanado para que quede perfecto 😀 Animádevos porque vos han gustar seguro. Os pementos de Herbón sempre están bos, e se lles poñemos algún queixo galego, que vos vou contar, esta combinación ten que estar boa á forza. Imos aló! Continue reading “Pementos de Padrón recheos / Stuffed Padron peppers”

Hamburguesas recheas de queixo / Cheese stuffed burgers

Hamburguesas de tenreira recheas de queixo

cheese burgers

Despois de dúas receitas de hamburguesas vexetais, xa ía tocando unha receita de hamburguesa de carne.E para darlle un toque diferente, van recheas de queixo. A receita é ben doada, e o resultado é saborosísimo! E a pinta…vaia, xa se ve na foto, non? 😀 Eu acompañeina de cebola, leituga de folla de carballo e rúcula. Imos aló! Continue reading “Hamburguesas recheas de queixo / Cheese stuffed burgers”

Peitugas recheas á prancha / Grilled stuffed chicken breasts

Peitugas recheas á prancha

peitugas recheas

Como me gustan as receitas coma esta: sinxela, rápida e saudable. Moitas veces non facemos as peitugas recheas, porque teriamos que empanalas, e xa nos supón máis tempo e máis calorías 😉 Pois desta maneira, non tedes desculpa, con só tres ingredientes faremos unhas peitugas recheas saborosísimas. Imos aló! Continue reading “Peitugas recheas á prancha / Grilled stuffed chicken breasts”

Palmeiriñas de sobrassada e Mahón / Sobrassada and Mahon cheese palmiers

Palmeiriñas de sobrassada e Mahón

Sobrassada

Un aperitivo sinxelo, perfecto para cando temos invitados porque non tardaremos nadiña en facelas e ademáis, están boísimas! Unha vez que aprendades como vai isto das palmeiriñas, podedes poñerlle o recheo que máis vos guste. Con chocolate ou azucre tamén están ben sabedeiras, máis desta vez probamos cun recheo salgado. Se aínda non probastes a sobrassada, non agardedes máis! Seguro que vos encanta. Imos aló! Continue reading “Palmeiriñas de sobrassada e Mahón / Sobrassada and Mahon cheese palmiers”

Revolto de berenxena e Brie / Scrambled eggs with Brie and eggplant

Revolto de berenxena e Brie

Brie eggplant

Hai algún tempo, puxéronme de tapa nun bar un revolto de berenxena e brie e dende aquela quedei coa teima de probar a facelo. E aqui está! Receita sinxela e rápida, que seguro que vos gustará, pois a berenxena e mailo brie fan unha moi boa parella. Imos aló! Continue reading “Revolto de berenxena e Brie / Scrambled eggs with Brie and eggplant”