Revolto de grelos / Turnip tops scrambled eggs

Revolto de grelos

Despois das enchentas de Nadal, o corpo xa pide voltar a comer coma sempre e deixarse de tanta paparota. O frío por fin chegou e apetecen pratos quentiños. Iso si, que non nos dean moito traballo, que xa pasamos tempiño abondo na cociña nas festas, e non? Este revolto de grelos é un prato deses que se fai tan rápido e sabe taaan ben que eu xa estou pensando en facelo de novo, que hai que darlle saída aos greliños da leira 😉 E, coma sempre vos digo, probade con outros ingredientes que a vós vos gusten, eu empreguei os que tiña a man e quedou ben saboroso! Imos aló! Continue reading “Revolto de grelos / Turnip tops scrambled eggs”

Flan de queixo / Caramel cheese flan

Flan de queixo de Bama

Flan queixo

Encántame o queixo de Bama! E isto non é novo para aqueles que ledes o blogue, a que non? E cando teño este queixo pola casa, non fago outra cousa que discurir receitas para facer con él! Como vos podedes imaxinar, non me dura nada 🙂 Se vos gusta o flan e o queixo, este flan encantaravos, o queixo dálle un toque moi suave ao flan e un sabor que recorda ás mellores tortas de queixo. E cando vexades o sinxelo que é, e os poucos ingredientes que precisamos, seguro que vos poñedes coas mans na masa! Imos aló! Continue reading “Flan de queixo / Caramel cheese flan”

Pizza caseira de queixo e rixóns / Home-made Galician pizza

Pizza caseira de queixo de Bama e rixóns

Pizza caseira Continue reading “Pizza caseira de queixo e rixóns / Home-made Galician pizza”