Torta de cabaza e cabaciña / Pumpkin zucchini cake

Torta de cabaza e cabaciña

Se hai algo que me encanta é facer lambonadas con produtos da horta! Siii!!! 😀 E se xuntamos iso coas miñas ganas de experimentar, aínda resulta máis divertido! Aínda tiña pola casa unha cabaza do ano pasado e varias cabaciñas da colleita deste ano, así que pensei en facer unha torta con estes ingredientes. Xa probara a facer unha con cabaciña e o resultado foi espectacular, así que que podía saír mal? Pois todo! Xa sabedes que ás veces estes experimentos non saen como deberían, mais desta vez, todo foi estupendo! A torta ten un sabor e unha textura para relamber os dedos, e así con esas capas e o recheo de queixo…mmm…incrible!!! É unha das tortas máis sabedeiras que fixen nunca! Así que animádevos a divertirvos na cociña e xa veredes como o resultado fará que cada segundo empregado pague a pena! Imos aló! Continue reading

Crema de cabaza e lentellas / Lentils and pumpkin soup

Crema de cabaza e lentellas

Hai mesturas que unha nunca pensaría que quedarían ben. E xa vos adianto que esta é unha delas. O que pasa é que cando es unha lambona, fas que a xente do teu redor sempre estea atenta por se pode coller ideas para o blogue. Así foi como esta idea chegou a min. Falando de receitas de outono-inverno para quentar o corpo, un compañeiro de traballo do meu fotógrafo dixo que el lle botaba lentellas á crema de cabaza. Lentellas??? pensei eu. Siii, lentellas. E ademais, seica lle quedan moi ben. Probaremos, pois! E despois de probar esta crema de cabaza e lentellas, repetirei seguro! Xa vedes que a presentación quedou ben chula. Ao final da receita, xa vos direi como papar esta crema para degustala como é debido! Imos aló! Continue reading

Tortiñas de cabaza / Pumpkin pancakes

Tortiñas de cabaza

pancakes

Coa cabaza pódense facer moitas sobremesas, de feito, neste blogue xa temos unhas cantas: chuliñas de cabaza, flan de cabaza, ou torta de cabaza e oreo. Estas tortiñas son ben sinxelas, e a cabaza non só lles dará un sabor incrible, senón tamén fará que estas tortiñas sexan súper esponxosas. Ademais, as especias daranlle un toque exótico e moi orixinal. Imos aló! Continue reading