Empanada de mazá / Apple pie

Empanada de mazá

Hai case tantos tipos de torta de mazá como persoas, e a min gústanme todas. Aquí no blogue xa fixemos algunha que outra, como a torta tatin ou a torta de mazá, mais a min faltábame esta receita porque me trae recordos de cando miña nai trae da pastelaría unha empanada de mazá que me gusta moito a pesares de levar canela, que non é algo que adoite gustarme. E o certo é que esta receita saíu das miñas lembranzas, tentando que o resultado final fose o máis semellante a aquela saborosísma empanada. E a verdade é que estou moi satisfeita co resultado e agardo que a probedes e vos guste tanto como a min. Imos aló! Continue reading “Empanada de mazá / Apple pie”

Joulutorttu

Joulutorttu

Despois de irmos cara Alemaña coas galletas Spritzgebäck, e a Italia para facermos o Panettone, volvemos cara o norte para preparar os Joulutorttu. Estas pequenas lambonadas con forma de muíño son típicas de Finlandia e prepáranse polo Nadal, de aí o nome, torta de Nadal. A receita é moi sinxela e, ademais, podemos facer uns truquiños para que sexa aínda máis rápida. A marmelada tradicional dos joulutorttu é a marmelada de ameixo morado. Unha mágoa que este ano non fixera marmelada caseira con tódolos ameixos que había na leira 🙂 Polo que se vos pasa coma min, non vos gusta, ou tendes algunha marmelada caseira doutro sabor, podedes empregala perfectamente, pois os joulutorttu saberán de vicio igualmente. Continue reading “Joulutorttu”

Momias de Samaín / Hot dog mummies

Momias de Samaín

momias de Samaín

Despois de dúas receitas tradicionais do Día de Tódolos Santos, hoxe toca unha receita máis moderna, divertida e pola que devecerá a cativada. De seguro que se apuntan tanto a facelas como a comelas. E o certo é que non me estraña nadiña. Cantos anos sen comer salchichas! Xa nin recordaba como sabían. Non sei a vós, pero na miña casa eran un produto bastante vetado 😀 Xa sei que non son nada saudábeis, mais unha vez ao ano, polo Samaín, ben podemos facer un pequeno sacrificio, va que si? E o riquiñas que quedan? Non me digades que non quedan de medo 🙂 E ademais, fanse nun plis! Imos aló! Continue reading “Momias de Samaín / Hot dog mummies”