Viaxe gastronómica – LONDON – Gastronomic trip

Viaxe gastronómica: London

Xa era a segunda vez que viaxaba a Londres, así que desta vez, ademais de facer turismo, fun co firme propósito de demostrar que en Londres se pode comer moi ben. Si, si, non lestes mal, en Londres pódese comer ben e desfrutar da cociña inglesa. Sempre fun unha defensora da cociña británica, e iso, como ben sabedes, non é unha tarefa sinxela. Recoñezo que en Londres ás veces resulta complicado comer ben, hai cociñas de todo o mundo, e acabas por comer de todo menos cociña típica do sitio, que é algo que, polo menos a min, gústame moito. De todos os sitios dos que aquí vos falo, gustaríame destacar a amabilidade e a boa atención en cada un deles. Continue reading

Pudin de orellas de Entroido / Carnival orellas pudding

Pudin de orellas de Entroido

image

Non soe ser normal que sobren orellas, peeero, ás veces, poñémonos mans á masa e saennos un montón! Pois nada de tirar orellas ao lixo! Iso si que non pode ser! Unha maneira de conservalas é conxelalas, metémolas no conxelador e o día que as queiramos comer, sacámolas un chisco antes e deixámolas desconxelar, e estanvos ben boas. E se queredes reconvertir as orellas noutra larpeirada, podedes facer este delicioso pudin! Se as orellas están boas, isto está…mmm, saborosísimo!!! Imos aló! Continue reading