Bricks de gambas / Wrapped shrimps

Bricks de gambas e alfábega

bricks

Cando tes un blogue de receitas ves receitas por todas partes. Non importa onde vaias, só pensas en receitas e máis receitas. En probar diferentes lambonadas e pratos apra poder poñérvolos aquí e que vos animedes a preparalos. E cando vas comer fóra e che gusta algún prato, xa estás pensando… Que leva? Como se fará? E se probo a facelo na casa a ver se me sae? E así xurdiu este prato. A súa elaboración é moi doada e con moi pouquiños ingredientes, teremos un prato ben resultón. Ademais, está moi rico tanto frío coma quente, polo que é o petisco perfecto cando temos convidados, ou para nós mesmos, que tamén o gañamos, non? 😀 Imos aló! Continue reading “Bricks de gambas / Wrapped shrimps”

Lagostinos crocantes / Crispy prawns

Lagostinos crocantes

Lagostinos crocantes

Os lagostinos son ben sabedeiros de calquera maneira, cocidos, á grella, crús, mariñados…en fin, que todo lles queda ben! E se vos gusta de calquera destas maneiras, con este empanado tamén vos gustará moito. Para iso, empregaremos un pan relado xaponés – o panko- que podemos facer na casa. Imos aló! Continue reading “Lagostinos crocantes / Crispy prawns”

Brochetas de peixe sapo e lagostinos / Monkfish and king prawn skewers

Brochetas de peixe sapo e lagostinos

Brochette

Unha receita desas tan sinxelas e tan boas que estou segura de que as faredes e repetiredes. O peixe sapo está boísimo, e a min como máis me gusta é así, ao natural, sen salsas que tapen o seu sabor. Ademáis, é un prato moi saudable! Imos ver como se fai. Continue reading “Brochetas de peixe sapo e lagostinos / Monkfish and king prawn skewers”

Lasaña de lagostinos / Prawns lasagna

Lasaña de lagostinos

Lasagna kukinhas

Unha receita de lasaña para aproveitar eses lagostinos que nos sobran das enchentas de Nadal! 😉 Podedes engadirlle algún que outro marisco que teñades, ou facer outra versión con carne ou con peixe. E de paso, aproveitaremos tamén eses “culíns” de cava ou de sidra! Imos aló! Continue reading “Lasaña de lagostinos / Prawns lasagna”