Banoffee Pops

Banoffee pops

banoffee pops

Os que ledes o blogue xa sabedes de sobra que a combinación prátano-doce de leite é unha combinación que me encanta; e os cake pops son unha desas lambonadas modernas que, ademais de ser moi feitiñas, están moi boas. Ás veces, estes pasteis grandes, cheos de adornos, fondant, buttercream e varios pisos chaman moito a atención, mais cando lle metes o dente, fanse secos, sen sabor ou moi doces. Se me dixeran de escoller unha lambonada bonita e saborosa, eses serían os cake pops. Son ideais para a cativada (pois son pequeniños e como teñen o pau non precisan de ninguén que os axude a papalos) e perfectos para agasallar ou para levar como sobremesa a unha festa. Estes, ademais, como son de galleta, non temos que facer ningún pastel antes. Todo vantaxes! Imos aló! Continue reading “Banoffee Pops”

Cheesecake de nutella / Nutella cheesecake

Cheesecake de nutella

nutella cheesecake

Hoxe tráiovos unha receita ben perigosa, e dígoo con moito coñecemento de causa, porque resulta case imposible non probala unha, dúas, ou dez veces mentres se prepara. Está boísima!!! Unha torta de queixo con sabor a nutella que se fai en 10 minutos e é puro vicio! Iso si, saudábel xa vos digo que non o é, mais ás veces ben paga a pena facer o esforzo e probar estas delicias tan saborosas. Así que se sodes seareiras das tortas de queixo, da nutella ou das oreo, esta é a vosa sobremesa perfecta. Non enredo máis e imos aló! Continue reading “Cheesecake de nutella / Nutella cheesecake”

Xeado de prátano exprés / Frozen bananas

Xeado de prátano exprés

frozen bananas

Xa levaba tempo vendo en moitos blogues esta receita taaan sinxela, mais non me atrevía a facela porque non sabía moi ben como sabería. O caso é que a única maneira de sabelo era probando. O bo que ten é que se fai moi axiña, é perfecta para que a cativaxe coma froita e, ademais, como é tan doada, poden botar unha man a facelos. E si, están boísimos!!! Con dicirvos que os fixen onte pola mañán, xa non queda ningún e hoxe vounos volver facer, xa vos digo todo, non si? Imos aló! Continue reading “Xeado de prátano exprés / Frozen bananas”

Banoffee Pie

Banoffee Pie

banoffee pie

Toma torta de prátano e doce de leite que traio hoxe!!! Sinxelísima e moooi saborosa! Sí, xa o sei, tamén é unha bomba calórica que mete mediño, mais paga ben a pena deixar a vida saudable por un día e pegarse unha boa homenaxe 😛 O único de complicado que ten esta receita é montar a tona e mesturar as galletas e a manteiga. Non me diredes que non é doado, doado! E non é para nada empalagosa nin doce demáis, e simplemente perfecta! 😀 Continue reading “Banoffee Pie”

Piruletas de sabores / Pie pops

Piruletas de sabores

IMG_1543

O día que fixen a torta de amoras, sobroume unha pouca pasta brisa, así que tocoume discurrir que podía facer con ela! E así chegou esta idea!

Son moi sinxelas e rápidas de facer, e ademáis é unha receita ideal para facer con nenos. Encantaralles andar co cortapastas e untar chocolate na masa cos seus dediños, para despois, evidentemente, relamelos! 😛 E non vos digo nada cando toque comelas… desaparecerán nun plis!

Imos ver como se fan!

Continue reading “Piruletas de sabores / Pie pops”