Parmentier de queixo San Simón con navallas / San Simon cheese Parmentier with razon shells

Parmentier de queixo, navallas ao allo e tellas de San Simón

Hai uns días chegoume un correo electrónico dunha páxina chamada Terra de preguntas na que me ofrecían enviarme uns produtos para que eu os probara e fixera con eles unha receita. Na súa tenda online hai diferentes produtos galegos e todo se fai cun especial agarimo, traballando con pequenos produtores e garantindo unha calidade excelente. Xa había tempo que tiña gana de facer un parmentier, é desas cousas que sempre que as vexo nalgún restaurante, aí vou dereitiña e pido ese prato, así que xa iba sendo hora de poder degustalo na casa. E que mellor que un queixo San Simón co seu sabor afumado para conseguir un parmentier cremoso cun sabor intenso. E para acompañalo, unhas navallas en conserva ao natural, que fritiremos cun chisco de allo e perexil para potenciar aínda máis o seu sabor. Ademais, co queixo, faremos tamén unhas tellas crocantes que son moi sinxelas, campan moi ben e saben aínda mellor. Imos aló! Continue reading “Parmentier de queixo San Simón con navallas / San Simon cheese Parmentier with razon shells”

Terceira Etapa / Third Stage: Zubiri

Terceira Etapa: Zubiri

Despois de probar os sabedeiros perretxikos en Roncesvalles, seguimos o noso particular camiño prato a prato por terras de Navarra e paramos en Zubiri. Nesta pequena localidade a só 20 quilómetros de Iruña, teñen boa fama os embutidos e, especialmente, a txistorra, que se vende nas tendas máis sibaritas da capital. Para preparar a txistorra de Zubiri, precísase pouca cousa, un chisco de aceite, fritila a lume non moi alto para que non se chasque e un anaco de pan. Iso si, habendo ingredientes e fame, o mellor é preparar un dos pratos máis populares: OVOS ROTOS CON TXISTORRA E PATACAS. Se por separado, xa están de vicio, estes ingredientes todos xuntos fan que este sexa un dos pratos máis lambóns e saborosos que se poden facer! E se pode ser con patacas do país e ovos da casa, xa resultará o prato perfecto. Imos aló! Continue reading “Terceira Etapa / Third Stage: Zubiri”

Poutine

Poutine

Recordades o fermoso libro de receitas do Quebec que me trouxeron de agasallo? Pois xa ía tocando outra receita, non si? A esta receita de poutine xa lle botara o ollo en canto abrín o libro por primeira vez, máis que nada polo sinxela e lambona que é. E quen non ten pola casa patacas para fritir e queixo? Moito máis non precisamos, xa veredes. E o sabor é incrible…ese queixiño desfeito…cremoso…sobre as pataquiñas…ai! Que pracer!!! Imos aló! Continue reading “Poutine”

Irish Boxty

Irish Boxty

boxty

Adoro a cociña de Irlanda. Supoño que é porque adoro esa conexión celta que fai que moitos pratos teñan un sabor similar. Aínda que estas tortiñas irlandesas se papan agora en calquera ocasión, o típico era comelas na época do Samaín, e é por iso que tocaba preparalas. Non sabía moi ben como sería o sabor, porque eu sonvos moito de probar así ao tolo, sen saber como saberán os pratos. Iso si, en canto lle dei a primeira trabada…mimadriña!!! Non imaxinaba que estiveran tan boas! Que sabor, que textura! Puro vicio!!! Creo que me sería imposible dicir os ingredientes que leva polo sabor que ten despois! A min recordoume ás filloas, mais isto xa é cuestión de opinións. Non vos enredo máis e imos ao choio! Imos aló! Continue reading “Irish Boxty”

Jacket potatoes

Jacket potatoes

Jacket Potatoes

Cando descubrín por primeira vez as jacket potatoes, andaba eu alá por terras escocesas e foi unha desas receitas que me fixo pensar que despois de todo a gastronomía da Gran Bretaña non é tan mala como acostuman a pintala. O proceso non é moi rápido, porque o tempo de forno para que a pataca quede ben asada é bastante longo, mais todo o tempo empregado paga ben a pena polo resultado. Unha pataca brandiña por dentro e crocante e seca por fora. O recheo xa depende dos gustos que cada quen. Aquí, póñovos unha das receitas máis típicas. Imos aló! Continue reading “Jacket potatoes”

Brunch americano / American Brunch

Brunch americano

Brunch

Isto do brunch, que semella un invento novo ou algo así, non é máis que comer algo máis forte cando durmimos de máis o domingo e xa é tarde para o almorzo e algo cedo para o xantar. De seguro que moitos de vós, coma min, almorzastes (algo tarde xa) algunha filloa (con chourizo), orella, pizza ou algunha que outra lambonada que sobraba do día anterior, non si? O caso é que agora está de moda (e con razón!!!), así que aquí vos deixo 4 receitas nunha, que as podedes facer para o brunch, para o almorzo, para xantar, de sobremesa…en fin, para cando máis vos apeteza! Dicirvos, por se alguén non o sabe, que a palabra brunch ven da unión de dúas palabras inglesas: breakfast (almorzo) e lunch (xantar) = brunch. Imos aló! Continue reading “Brunch americano / American Brunch”