Bicos de chocolate / Chocolate kisses

Bicos de chocolate

Tódolos anos que chega o Día dos Namorados escribo o mesmo, mais desta vez non vou dicir o de sempre, non vou dicir que o día dos namorados debía ser tódolos días, que non hai que mercar algo porque toca e punto…mais si que direi que calquera desculpa vale para preparar lambonadas, e, se pode ser en parella, mellor! Que vos parece? Estes bicos de chocolate son moi sinxelos de facer e as combinacións son infinitas. Só hai que gardar un minutiños do día para cociñar xuntos e cociñar bicos de chocolate e bicos de amor. Imos aló! Continue reading

Banoffee Pops

Banoffee pops

banoffee pops

Os que ledes o blogue xa sabedes de sobra que a combinación prátano-doce de leite é unha combinación que me encanta; e os cake pops son unha desas lambonadas modernas que, ademais de ser moi feitiñas, están moi boas. Ás veces, estes pasteis grandes, cheos de adornos, fondant, buttercream e varios pisos chaman moito a atención, mais cando lle metes o dente, fanse secos, sen sabor ou moi doces. Se me dixeran de escoller unha lambonada bonita e saborosa, eses serían os cake pops. Son ideais para a cativada (pois son pequeniños e como teñen o pau non precisan de ninguén que os axude a papalos) e perfectos para agasallar ou para levar como sobremesa a unha festa. Estes, ademais, como son de galleta, non temos que facer ningún pastel antes. Todo vantaxes! Imos aló! Continue reading