Croquetas de polo asado / Roasted chicken croquettes

Croquetas de polo asado

croquetas de polo

As croquetas pasaron de ser un prato para aproveitar as sobras a un prato de seu. As croquetas de polo asado son moi de toda a vida, e é por iso que agora, cando preparo polo asado ao forno, sempre procuro que sobre algo para despois preparar unhas saborosísimas croquetas. Este polo asado levaba tamén cebola, pera e medio vasiño de brandi, e alá foi todo para darlle sabor a estas croquetas. O polo non acostumo a picalo, senón a esfiañalo, así a textura queda moito máis cremosa e as croquetas con moito máis sabor. En canto ao rebozado, dicirvos que leva un ingrediente segredo que as fai súper crocantes, xa o veredes! Imos aló! Continue reading