Poke Bowl

Poke Bowl

De seguro que este nome vos soa de algo. Xa hai un tempo que este prato típico de Hawaii se fixo ben famoso e comezou a aparecer por tódolos vídeos de receitas, blogues e, incluso, restaurantes. A receita tradicional leva atún e non leva arroz, mais nós fixemos a nosa propia versión para facelo un prato máis completo e máis sinxelo. Se xa de por si ten boa pinta, en canto o probedes, enamorarédesvos. É un prato fresco, lixeiro e cheo de sabor! Prepárase moi axiña e o paso máis complicado é cortar os ingredientes! Quen se apunta a preparar este súper prato? Imos aló!

Ingredientes para dúas persoas:

– 160 gramos de arroz cru (80 por comensal)
– prebe para o arroz: dúas culleradas vinagre de arroz, 1 culleradiña de sal e 2 culleradiñas de azucre.
– 300 gramos de salmón cru
– 1 aguacate
– 2 tomates
– 1 cebola
– Para o prebe: prebe de soia, xenxibre, allo, azucre, vinagre de arroz e aceite de sésamo.

Preparación paso a paso:

1. Comezamos cocendo o arroz. [Eu empreguei arroz para sushi, mais podería usarse calquera variedade que teñades pola casa] En canto xa estea cocido, escorrémolo. Mesturamos o vinagre, o sal e o azucre e engadímolo ao arroz. Agardamos a que vaia arrefriando mentres preparamos o resto dos ingredientes.

2. Cortamos o salmón, o aguacate, a cebola e o tomate en cadradiños. Mesturamos todo.

3. Preparamos o prebe. Póñovos as cantidades que usei eu, mais xa sabedes, o mellor é probar e catar ata que teña o sabor que máis nos guste. Uns 100 ml de prebe de soia, 1 allo relado, media culleradiña de xenxibre en po, 2 culleradas de azucre, 1 cullerada de vinagre de arroz e 2 culleradas de aceite de sésamo.

4. Botamos o arroz no bol.

5. E botamos 3 culleradas de prebe por riba dos ingredientes cortados, que tamén poñeremos enriba do arroz. E listo!

De maneira opcional, podemos engadir unhas sementes de sésamo, que sempre lle quedan moi ben, tanto de sabor como de pinta 😉 Sobraravos algo de prebe, mais se sodes moi lambóns, podedes ir engadíndolle máis segundo o vaiades papando. O ideal é ir mesturando o arroz co resto dos ingredientes. O salmón ha de ser moi fresco e de calidade. De todas maneiras, se preferides, sempre se pode conxelar antes de usalo para esta receita. Se vos gusta comer saudábel e o sushi, este prato teno todo! Probádeo e xa veredes como vos encanta! 😀

____________________________________________

Poke Bowl

I’m sure this recipe name rings the bell, doesn’t it? It’s been for a while a dish you could see in every single recipe video, in every blog and even in many restaurants. Traditional recipe takes tuna and not rice, but we made our own version so we got a more nutritious dish. If you have seen it everywhere, but you didn’t dare to try it yet, wait no more! You’ll immediately fall for it, and it’s oh so simple! I think the most complicated step is chopping the ingredients 🙂 Ready to prepare this super poke bowl? Let’s go!

Ingredients for 2:

– 160 gr raw rice (80 per serving)
– rice sauce: 2 tbsp rice vinegar, 1 tsp salt, 2 tsp sugar.
– 300 gr raw salmon
– 1 avocado
– 2 tomatoes
– 1 onion
– For the sauce: soy sauce, ginger, garlic, sugar, rice vinegar and sesame oil.

Step by step preparation:

1. Start by cooking the rice, I used sushi rice, but you can use whatever you have on hand. When it’s cooked, drain and add the rice sauce. Allow to cool while we prepare the rest of the ingredients.

2. Chop salmon, avocado, onion and tomato and mix.

3. Let’s prepare the sauce! You can use the quantities you like, these are mine, in case you want to try my own version: 100 ml soy sauce, 1 finely grated garlic, 1/2 tsp powdered ginger, 2 tbsp sugar, 1 tbsp rice vinegar and 2 tbsp sesame oil.

4. Pour rice into the bowl.

5. Add 3 tbsp of sauce to the salmon mixture and top the rice with it. And that’s it!

If you like, you can also top the poke bowl with some sesame seeds, that always look really good and taste even better 😉 You’ll get some extra sauce, but don’t worry, you can add more along the way if you feel like it. My recommendation is to mix rice and salmon mixture, it’s so delicious!!! Remember to use high quality and super fresh salmon, or, if you prefer, freeze it before using it. If you like healthy eating and sushi, this dish has it all. Taste and enjoy! 😀

2 Comments

  1. Encántame este prato! Descubrino fai ben pouco e é una comida sanísima, moi refrescante e che deixa ben cheo. Apúntome a receita porque é súper sinxelo de facer. Un biquiño!

    • Ola Eva! A verdade é que está boísimo!!! E é o que ti dis, teno todo: lixeiro, saboroso e fresco! Paga a pena facelo na casa porque é moi sinxelo, xa me contarás se o preparas! Bicos e grazas polo comentario 😉

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.