As 10 receitas máis vistas de 2017 / The top 10 recipes of 2017

As receitas máis vistas do 2017

Aquí estamos de novo en plenas festas de Nadal para seguir falando de lambonadas e como a este ano 2017 xa lle vai quedando pouco, facemos balance das receitas máis vistas para que as teñades todas xuntiñas. A verdade é que me alegra saber que vos gustan receitas de moitos tipos, sabores e con ingredientes moi diferentes, iso quere dicir que como galegas e galegos que somos, somos ben lambonas e lambóns, non si? Se aínda non vos animastes a preparar ningunha receita do blogue, botádelle un ollo a estas más vistas do 2017, que por algo están nesta listaxe! Comezamos coa receita que queda na posición número 10 Continue reading

Rolos de pizza / Pizza wheels

Rolos de pizza

Xa había tempo que vira milleiros de receitas destes rolos de pizza e a verdade é que quería preparalos si ou si. Mais tamén teño que confesar que eu pensaba que o sabor ía ser moito máis semellante ao da pizza e non me ía sorprender demasiado. E foi todo o contrario!!! Quedan moi suaves, esponxosos, cremosos…bufff!!! Se erades un chiso escépticas coma min, facédeme caso e probade estes rolos de pizza! Son espectaculares! E iso de comelos así coas mans sen queimarse nin nada é unha gozada!!! En canto aos ingredientes, engadide aqueles polos que máis devezades. Eu hoxe fun ao seguro e non fallei 😉 Imos aló! Continue reading

Pizzas de cabaciño / Zucchini pizzas

Pizzas de cabaciño

Zucchini pizzas

E xa están aquí de novo os cabaciños! E cando veñen, xa sabedes que veñen unha chea deles, e non se poden desaproveitar que son moi sabedeiros. E estas pizzas de cabaciño están de medo, son moi sinxelas e aínda máis rápidas de preparar ca unha pizza. Ademáis, se tendes nenos, será unha moi boa maneira de que coman verdura sen case decatarse 😉 Imos aló! Continue reading

Pizza de catro queixos con borde recheo / Cheese stuffed crust pizza

Pizza de catro queixos con borde recheo de queixo

Cheese pizza

E de novo unha receita de pizza! Desta vez, unha receita de pizza de catro queixos para roedores e tolos polo queixo. Así que se vos considerades fans do queixo, esta é a vosa receita. E coma sempre, unha receita sinxela e coa masa de pizza caseira. Ademáis, tamén aprenderemos a como facer a beira da pizza rechea. Imos aló! Continue reading