Pementos do piquillo recheos de gambas / Piquillo peppers stuffed with shrimps

Pementos do piquillo recheos de gambas

Gústame moito preparar pementos do piquillo recheos porque resultan unha receita moi socorrida, na que podemos empregar distintos recheos: peixe, carne, verduras… e prepárase nun plis. Ata o de agora, sempre preparara os pementos cun prebe de tomate e pemento (recheos de atún e recheos de cogomelos) mais desta vez, a receita vai algo diferente, e o que faremos será fritilos. O sabor, coma sempre, espectacular, e o recheo, xa sabedes, a gustos! Polo demais, un paso a paso moi doado e rápido, que fará que todos relamban os dedos. Imos aló! Continue reading

Quinta Etapa / Fifth Stage: Gares / Puente la Reina

Quinta Etapa: Gares / Puente la Reina

Despois de pasar pola capital e degustar eses marabillosos txantxigorris, chegamos a Gares, tamén coñecida como Puente la Reina. Nesta localidade, celebran cada ano entre os meses de setembro a decembro o Mercado do Pemento. Neste mercado, podemos ver non só diferentes variedades de pementos, senón tamén outros tantos produtos típicos desta zona, como son as fabas, patacas ou melóns. Iso si, se hai un pemento que asociamos a Nafarroa, ese é o pemento do piquillo, non si? Hai que dicir que o pemento que ten a denominación de orixe protexida é o de Lodosa. A forma deste pemento é triangular e acostuma a venderse enlatado e previamente cociñado, listo para degustar! Unha vez asado, a maneira máis popular de comelo é recheo. E como a min me gustan tanto os cogomelos, pois tíveno claro dende o principio! PEMENTOS DO PIQUILLO RECHEOS DE COGOMELOS. É unha receita moi saudábel, que alimenta moito e ben e que, ademais, faise moi rápida e campa que non vexas. Teno todo, vaia! E estes pementos teñen un sabor espectacular! Imos aló! Continue reading

Pementos do piquillo recheos de atún / Piquillo peppers stuffed with tuna

Pementos do piquillo recheos de atún

Photo 02-01-14 23 10 56

Encántanme os pementos do piquillo! Tanto que se vou comer ou cear fora e os vexo na carta, xa é o primeiro que pido 🙂 Desta vez, fíxenos recheos de atún, pero recheos de bacalao tamén están boísimos. Estes saen moi económicos e moi sabedeiros, así que anímovos a que os fagades. Imos ver como se fan! Continue reading