Cottage Pie

Cottage Pie

Ata o de agora, cando ía de viaxe, sempre mercaba un marca-páxinas, e a verdade é que xa levo unha chea deles dende que comecei a colección, moitas veces grazas a amigos e familia que tamén me traen cando van de viaxe. Mais hai un tempo que tamén recibo e merco libros de cociña que falen sobre receitas típicas do sitio no que estou. Cando fun a Londres durante a Pascua, dei cun marabilloso libro que, ademais de ter unhas ilustracións moi fermosas, ten unhas receitas típicas inglesas con ingredientes naturais, da horta e da granxa, que son cos que eu máis gozo. O libro chámase: The Great British Farmhouse Cookbook e está escrito por Sarah Mayor. En canto o abrín, souben que a primeira receita que faría sería esta. A Cottage Pie ven sendo un prato moi sinxelo, basicamente carne e patacas, polo que se a materia prima é boa, o resultado ten que ser espectacular. Eu fixen a miña propia versión apta para vexetarianos, mais se sodes máis de carne, xa vos direi como facer a receita orixinal. Continue reading “Cottage Pie”

Viaxe gastronómica – LONDON – Gastronomic trip

Viaxe gastronómica: London

Xa era a segunda vez que viaxaba a Londres, así que desta vez, ademais de facer turismo, fun co firme propósito de demostrar que en Londres se pode comer moi ben. Si, si, non lestes mal, en Londres pódese comer ben e desfrutar da cociña inglesa. Sempre fun unha defensora da cociña británica, e iso, como ben sabedes, non é unha tarefa sinxela. Recoñezo que en Londres ás veces resulta complicado comer ben, hai cociñas de todo o mundo, e acabas por comer de todo menos cociña típica do sitio, que é algo que, polo menos a min, gústame moito. De todos os sitios dos que aquí vos falo, gustaríame destacar a amabilidade e a boa atención en cada un deles. Continue reading “Viaxe gastronómica – LONDON – Gastronomic trip”

Torta de cabaciña / Zucchini pie

Torta de cabaciña

torta de cabaciña

Xa comezou o outono e as cabaciñas xa comezan a dar os seus últimos froitos. Agora cambiamos de estación e os produtos van variando, máis na horta, mentres no marche o soliño e non veña o frío, seguimos tendo unhas fermosas cabaciñas. Desta vez, facemos unha torta de cabaciña con ingredientes ben sinxelos e cun sabor que vos recordará ao da pizza, mais iso si, moito máis saudábel! Imos aló! Continue reading “Torta de cabaciña / Zucchini pie”

Torta de cabaza e Oreo / Oreo and pumpkin cake

Torta de cabaza e Oreo

torta de cabaza

O bo que ten ter un blogue de receitas é que cando calquera da familia fai unha receita, non dubida un momento en pasarcha para que a poñas no blogue. Así dá gusto, verdade? E así chegou esta receita. Saborosísima, sinxela e cunha pinta xenial.Non vos asustedes ao ver os ingredientes, xa veredes que doada e rápida de facer é. Imos aló! Continue reading “Torta de cabaza e Oreo / Oreo and pumpkin cake”

Torta de pexegos / Peach tart

Torta de pexegos

Peach pie

E outra lambonada! Desta vez, con pexegos 🙂 Para facela máis rápida e sinxela, empreguei pexegos en almíbar, pero se os tendes de colleita propia, aproveitade! Xa vos indicarei como facelo no paso a paso. A presenza non é o seu punto forte, pero de sabor está boísima! E en media horiña, teredes a torta preparada. Imos aló! Continue reading “Torta de pexegos / Peach tart”

Torta de mazá / Apple pie

Torta de mazá

Photo 22-12-13 14 19 27

Unha torta das de sempre, desas que vale a pena facer porque está boísima. Non require nin moito tempo, nin moita experiencia na cociña, e resulta estupenda tanto para tomala de postre como para unha merenda. Continue reading “Torta de mazá / Apple pie”