Bricks de gambas / Wrapped shrimps

Bricks de gambas e alfábega

bricks

Cando tes un blogue de receitas ves receitas por todas partes. Non importa onde vaias, só pensas en receitas e máis receitas. En probar diferentes lambonadas e pratos apra poder poñérvolos aquí e que vos animedes a preparalos. E cando vas comer fóra e che gusta algún prato, xa estás pensando… Que leva? Como se fará? E se probo a facelo na casa a ver se me sae? E así xurdiu este prato. A súa elaboración é moi doada e con moi pouquiños ingredientes, teremos un prato ben resultón. Ademais, está moi rico tanto frío coma quente, polo que é o petisco perfecto cando temos convidados, ou para nós mesmos, que tamén o gañamos, non? 😀 Imos aló! Continue reading “Bricks de gambas / Wrapped shrimps”