Rosquillas fritidas / Fried doughnuts

Rosquillas fritidas

rosquillas

Pensando en receitas galegas para seguir ampliando o receitario, decateime que aínda non tiña a receita das rosquillas. E como iso non podía ser, comezou a miña pesquisa para atopar unha boa receita rosquilleira. O primeiro que fixen foi falar con miña nai e preguntarlle como as facía ela. E grazas a iso descubrín un pequeno grande tesouro que me encheu de ledicia. Garda miña nai un receitario pequeno que miña avoa escribiu hai uns 50 anos. E entre as receitas, esta receita de rosquillas que a continuación vos escribo. Eu fíxena tal e como poñía a miña avoa (e así vola poñerei aquí), sen variar nada e saíron unhas rosquillas boísimas!!! D Continue reading “Rosquillas fritidas / Fried doughnuts”

Filloas recheas / Stuffed filloas

Filloas recheas

filloas recheas

Estes días de chuvia son moi malos para min porque non teño máis que antollo de comer filloas…si, é pensar en frío e chuvia e querer facer filloas. E é que non se pode negar que quenta ben o corpo tanto facelas como comelas, especialmente se se ten a sorte de poder facelas na cociña de leña, todo hai que dicilo. A min gústanme de tódalas maneiras, especialmente con rixóns. E, sobre todo, recén feitas. Conmigo o murico de filloas non dura nada, porque vou facendo e papando. E cando acabo de facelas sempre fago algunha rechea. Como son moi toliña polo sushi, decidín preparar estas así, con esta forma, mais iso xa vos digo que tanto ten. O mellor é enchelas do que máis vos guste e papalas como máis vos apeteza. O queixiño quédalle moi ben porque se derrete e iso é puro vicio!!! Imos aló! Continue reading “Filloas recheas / Stuffed filloas”

Aros de cebola / Onion rings

Aros de cebola

aros de cebola

Se sempre quixeches atopar a receita perfecta duns crocantes, rápidos e saborosos aros de cebola, a túa busca rematou! Con ingredientes moi sinxelos e sen ovo, poderedes facer uns aros de cebola de auténtico vicio! Deses cun rebozado gordiño, moi crocante e ben douradiño que por dentro fican brandiños, zumentos e cheos de sabor! Deses que sempre pensaches que na casa non saían e que os do restaurante saben mellor… iso acabouse! Eis a receita definitiva!!! Imos aló! Continue reading “Aros de cebola / Onion rings”

Espaguetes de mar crocantes / Crunchy sea spaghetti

Espaguetes de mar crocantes

espagueti de mar

Segunda receita coas nosas incribles algas! Temos unha chea de recursos gastronómicos e as algas son aínda descoñecidas para a maioría de nós, mais pouco a pouco vanse introducindo nas nosas receitas e o certo é que ben o merecen. Esta receita saqueina da páxina de Portomuiños que, como supoño que saberedes, é unha marca galega que vende algas por tooodo o mundo. Para esta receita, a alga escollida son os espaguetes de mar e o paso a paso non pode ser máis sinxelo. Xa veredes, tan poucos ingredientes e uns pasos tan sinxelos nunca deron unha receita taaan saborosa. En canto ao sabor, non vos sabería dicir moito como é, o que sí vos podo dicir é que TEDES QUE PROBALAS PORQUE ESTÁN BOÍÍÍÍÍÍSIMAS!!!!!! Non vos enredo máis, imos aló! Continue reading “Espaguetes de mar crocantes / Crunchy sea spaghetti”

Nuggets de polo / Chicken nuggets

Nuggets de polo

nuggets

Recoñezo, xa así de principio, que non son moi eu de pedir nuggets en ningún sitio porque, normalmente, sábenme moito a fritido e pouco a polo, e ademais, porque non entendo moi ben iso de picar a carne de polo e engadirlle outras cousas para xuntala de novo e formar os nuggets. Mais un día, despois de ver algún que outro anuncio na tele, pensei: e se probo a facelos eu na casa, sen demasiadas complicacións? Iso si, quería darlle un toque especial, orixinal e que lle dera un sabor diferente ao dun simple polo empanado. Imos aló! Continue reading “Nuggets de polo / Chicken nuggets”

Barras de muesli / Granola bars

Barras de muesli

Barras de muesli

Cantas veces pensamos en poder ter a man un petisco que fose caseiro, saudábel, saboroso e que nos encha ben o papo para non ter fame 5 minutos despois? De seguro que milleiros de veces, verdade? Pois a busca rematou! Estas barriñas de muesli son perfectas para cando nos entra a fame a deshora, para levar ao traballo ou cando temos un antolliño doce. O mellor de todo é que os ingredientes poden variar segundo os ingredientes que máis vos gusten, sempre mantendo máis ou menos as cantidades para que queden no seu punto. Imos aló! Continue reading “Barras de muesli / Granola bars”