Flores de cabaciña con bechamel de champiñóns / Zucchini flowers with mushrooms bechamel

Flores de cabaciña con bechamel de champiñóns

Se nunca volo dixen, xa tardaba, mais un dos grandes praceres da vida para min é ir á horta e observar. Si, xa sei que tamén hai que traballar, que tamén, mais gústame moito dar un paseo arredor dos produtos e pensar algunha receita que facer con eles segundo os estou vendo. Non me dá xeito collelos, traelos para a casa, e despois pensar, máis que nada porque moitas veces, acaban pola cociña sen saber moi ben que facer con eles. Gústame observalos no seu estado natural e deixarme inspirar polas súas formas e cores. E onte, estando na horta, vin o fermosas que estaban as flores das cabaciñas e tíveno claro, algo tiña que facer con elas. É moi importante que cando as collades, a cabaciña xa teña un tamaño xeitoso, e así non impediremos o seu crecemento aínda que lle roubemos a flor. Da outra vez, fíxenas con xamón e queixo, mais tiña gana de facelas con algo máis cremoso para contrastar coa textura crocante que lles queda ao fritilas. Así, as puntas quedan moi crocantes e segundo imos mordendo, vanse volvendo moi cremosas e aínda máis sabedeiras. Para min é un pracer cociñar con estes produtos, e é unha das actividades que maior satisfacción me dan. E sen máis historias, imos aló! Continue reading “Flores de cabaciña con bechamel de champiñóns / Zucchini flowers with mushrooms bechamel”

Empanadiñas de atún / Tuna pies

Empanadiñas de atún

Xa é a segunda vez que preparo esta receita para o blogue, mais desta vez cambiei algo os ingredientes para darlle un toque máis orixinal, e para axudar a que a cativada coma verduras sen decatarse. Estas empanadiñas de atún son lixeiras, van feitas ao forno, polo que non levan aceite de máis, e ademais saben de marabilla!!! Que é o máis importante! Ademais, veremos como pechar as empanadiñas dun xeito distinto, que de seguro vos recordará ás empanadiñas arxentinas, que é moi sinxelo de facer e que fai que queden unhas empanadiñas ben feitiñas. A masa é moi fina e non se fai nada pesada, por iso é ideal para facer ao forno, ademais así non corremos o risco de que rompa e se nos escape a o recheo 🙂 Imos aló! Continue reading “Empanadiñas de atún / Tuna pies”

Croquetas de xamón / Ham croquettes

Croquetas de xamón

As croquetas son un prato que sempre triunfa e que a todos nos gusta!!! Tamén hai que recoñecer que non acaba de ser un dos pratos máis saudábeis, mais de cando en cando, pódese facer unha excepción 🙂 Como é un proceso que acostuma a levar algo de tempo, a mín gústame facer unhas cantas e despois conxelalas rebozadas, para telas sempre dispoñibles para un antolliño 😀 Despois só hai que fritilas e listo! E non, non perden nada de sabor! Desta vez, fixémolas de xamón cun rebozado máis especial, a que agardades para preparalas? Continue reading “Croquetas de xamón / Ham croquettes”

Mariñeiras con tartar de salmón / Mariñeiras with salmon tartare

Mariñeiras con tartar de salmón

Se nunca probastes estas saborosas galletas mariñeiras, non agardedes máis! Teñen un sabor moi intenso, son súper crocantes (algo que me encanta!) e o mellor de todo é que son galegas!!! Son perfectas para preparar petiscos e de aí xurdiu esta idea! As mariñeiras con tartar de salmón son un petisco saudábel, saboroso, rápido e que campa que rabea! Non me diredes que non son bonitiñas, non si? 😀 Pois aínda saben mellor!!! Só precisaremos uns 5 minutos para preparar todo. Imos aló! Continue reading “Mariñeiras con tartar de salmón / Mariñeiras with salmon tartare”

Club Sandwich

Club Sandwich

club sandwich

Facer un sandwich cando un non sabe moi ben que preparar é todo un clásico. É un deses pratos para sair do apuro, que enchen ben o bandullo e saben de medo, para que negalo. O Club Sandwich é un deses sandwiches míticos de hai unha chea de anos, con ingredientes variados que combinados fan que este sandwich sexa uns dos máis saborosos que probei na miña vida! As posibles orixes desta receita son múltiples, mais o importante é que, fora quen fora a persoa que deu con esta receita, pode estar ben orgullosa. Abofé que si! Algúns dos ingredientes poden variar dependendo do sitio onde o preparen, mais os que aquí vos propoño danlle ao sanwich un sabor do melloriño que hai! Imos aló!!! Continue reading “Club Sandwich”

Rosquillas fritidas / Fried doughnuts

Rosquillas fritidas

rosquillas

Pensando en receitas galegas para seguir ampliando o receitario, decateime que aínda non tiña a receita das rosquillas. E como iso non podía ser, comezou a miña pesquisa para atopar unha boa receita rosquilleira. O primeiro que fixen foi falar con miña nai e preguntarlle como as facía ela. E grazas a iso descubrín un pequeno grande tesouro que me encheu de ledicia. Garda miña nai un receitario pequeno que miña avoa escribiu hai uns 50 anos. E entre as receitas, esta receita de rosquillas que a continuación vos escribo. Eu fíxena tal e como poñía a miña avoa (e así vola poñerei aquí), sen variar nada e saíron unhas rosquillas boísimas!!! D Continue reading “Rosquillas fritidas / Fried doughnuts”