Sexta Etapa / Sixth Stage: Lizarra / Estella

Sexta Etapa: Lizarra / Estella

Unha das cousas que máis me gustan deste Camiño de Santiago que imos facendo prato a prato é a variedade de produtos e pratos típicos que podemos atopar ao longo desta travesía tan fermosa. Despois dos pementos do piquillo recheos, preparamos un prato que tamén é moi saboroso, mais desta vez, con peixe: O BACALLAU AJOARRIERO. Este prato ten como ingredientes básicos o bacallau, o pemento, a cebola e o prebe de tomate. É unha receita sinxela, rápida e que, ademais, é moi saudábel, para que despois non digamos que non se poden facer pratos saudábeis e rápidos. Hai quen tamén lle bota patacas e pemento verde. Eu como non son moi seareira do pemento verde, non llo botei, mais se a vós vos gusta, adiante! O mellor de cociñar é facer as receitas como máis nos gustan e adaptalas ás nosas preferencias. Facer de cada receita, algo noso. E sen máis, imos aló! Continue reading “Sexta Etapa / Sixth Stage: Lizarra / Estella”

Quinta Etapa / Fifth Stage: Gares / Puente la Reina

Quinta Etapa: Gares / Puente la Reina

Despois de pasar pola capital e degustar eses marabillosos txantxigorris, chegamos a Gares, tamén coñecida como Puente la Reina. Nesta localidade, celebran cada ano entre os meses de setembro a decembro o Mercado do Pemento. Neste mercado, podemos ver non só diferentes variedades de pementos, senón tamén outros tantos produtos típicos desta zona, como son as fabas, patacas ou melóns. Iso si, se hai un pemento que asociamos a Nafarroa, ese é o pemento do piquillo, non si? Hai que dicir que o pemento que ten a denominación de orixe protexida é o de Lodosa. A forma deste pemento é triangular e acostuma a venderse enlatado e previamente cociñado, listo para degustar! Unha vez asado, a maneira máis popular de comelo é recheo. E como a min me gustan tanto os cogomelos, pois tíveno claro dende o principio! PEMENTOS DO PIQUILLO RECHEOS DE COGOMELOS. É unha receita moi saudábel, que alimenta moito e ben e que, ademais, faise moi rápida e campa que non vexas. Teno todo, vaia! E estes pementos teñen un sabor espectacular! Imos aló! Continue reading “Quinta Etapa / Fifth Stage: Gares / Puente la Reina”

Muhammara

Muhammara

O Muhammara é unha especie de pasta para untar tipo hummus típica de Alepo, Siria. Os ingredientes básicos son o pemento, as noces e a granada e resulta unha crema con moito sabor e unha textura moi especial. Esta receita descubrina vendo unha película na que probaban o Muhammara, e de aí chegou a idea de facela para o blogue. Eu, coma sempre, deille o meu toque persoal, que vos explico ao final da receita. Para acompañalo, podemos facelo con pan torrado ou ben con crudités de cenoria e cabaciña. Imos aló! Continue reading “Muhammara”