Galletas de manteiga de cacahuete / Peanut butter cookies

Galletas de manteiga de cacahuete

A min pásame que ás veces quero preparar galletas, pero non o fago porque me dá moita nugalla todo o longo proceso e a cantidade de ingredientes que fai falta para preparar unhas galletas ben sabedeiras. Estas galletas de manteiga de cacahuete só precisan 3 ingredientes, e fanse nuns 20 minutos, contando o tempo de enfornado. O resultado son unhas galletas cun intenso sabor a cacahuete, brandiñas, suaves e lixeiramente crocantes. Eu deille un toque algo diferente que estou segura de que vos vai gustar e que lle aporta un contraste de sabor moi interesante. Para facer as galletas, cómpre ou ben mercar unha manteiga de cacahuete que sexa 100% cacahuete, sen nada máis, ou ben facela caseira. Sen máis historias, imos ao lío! Continue reading “Galletas de manteiga de cacahuete / Peanut butter cookies”

Barriñas de choco e cacahuete / Peanut and chocolate bars

Barriñas de chocolate e crema de cacahuete

bars

O prometido é debeda, e como vos dixen a semana pasada, hoxe tocaba unha sobremesa coa crema de cacahuete caseira que xa fixemos. É unha receita desas que a min me gustan tanto, rápida, sinxela e moooi lambona! Con dicirvos que os ingredientes principais son a crema de cacahuete e o chocolate, xa vos digo todo, non? 😀 Estas barriñas están moi ricas, e aínda que para tomar con moderación, ao levar chocolate negro e a crema de cacahuete caseira, non é tan pouco saudábel 😉 Imos aló! Continue reading “Barriñas de choco e cacahuete / Peanut and chocolate bars”

Crema de cacahuete / Peanut butter

Crema de cacahuete

crema de cacahuete

A crema de cacahuete non é que sexa algo moi popular por esta terra, mais sí que é certo que de cando en cando, buscando algunha que outra sobremesa, atopas entre os ingredientes esta crema. E sendo taaan sinxela de facer na casa e precisando tan poucos ingredientes, non perderemos de facer ningunha larpeirada por non tela, non? O ingrediente único e principal son os cacahuetes, despois poñereivos algún outro que pode facer que saiba máis similar á que se merca. Imos aló! Continue reading “Crema de cacahuete / Peanut butter”