Galletas de manteiga de cacahuete / Peanut butter cookies

Galletas de manteiga de cacahuete

A min pásame que ás veces quero preparar galletas, pero non o fago porque me dá moita nugalla todo o longo proceso e a cantidade de ingredientes que fai falta para preparar unhas galletas ben sabedeiras. Estas galletas de manteiga de cacahuete só precisan 3 ingredientes, e fanse nuns 20 minutos, contando o tempo de enfornado. O resultado son unhas galletas cun intenso sabor a cacahuete, brandiñas, suaves e lixeiramente crocantes. Eu deille un toque algo diferente que estou segura de que vos vai gustar e que lle aporta un contraste de sabor moi interesante. Para facer as galletas, cómpre ou ben mercar unha manteiga de cacahuete que sexa 100% cacahuete, sen nada máis, ou ben facela caseira. Sen máis historias, imos ao lío! Continue reading

Torta de chocolate e crema de cacahuete / Peanut butter and chocolate cake

Torta de chocolate e crema de cacahuete (sen forno)

Seino, seino, tanta receita saudábel e despois fago estas receitas con esta pinta de ter uns cinco centos millóns de calorías. E si, non vou dicir que non as teña (non tantas, tampouco!) mais o certo é que sabe taaan ben!!! Dura moitos días na neveira porque non vai ao forno, non leva ovo e non leva ingredientes que se poñan pochos, polo que podedes ir con tino coméndoa e ir repartindo as calorías. A combinación chocolate-cacahuete é sublime! Iso si, só co chocolate e a galleta tampouco está nada mal. E sempre podedes facer distintas variacións e ir probando ata atopar a que máis vos guste. Esta combinación vímola nun vídeo destes que tanto se levan agora de receitas súper rápidas! Déixovos a ligazón despois dos ingredientes para que vexades como se fai. Imos aló! Continue reading

Peanut butter cups

Peanut butter cups

peanut butter cups

Xa oíra falar destas cunquiñas de chocolate e crema de cacahuete dende hai ben tempo, mais non tivera a oportunidade de probalas porque aquí non che son nada doadas de atopar. Mais este ano, agora que xa comezou o calor, mercamos un xeado de Ben&Jerry’s que era precisamente deste sabor e que, ademais, levaba anacos máis que xenerosos destas cunquiñas. Miña nai querida! Que sabor!!! Quedei namoradiña do sabor e do ben que combinan ámbolos dous ingredientes! Agora xa non había máis excusas, polo que xa era momento de poñerse coas mans na masa. Imos aló! Continue reading

Barriñas de choco e cacahuete / Peanut and chocolate bars

Barriñas de chocolate e crema de cacahuete

bars

O prometido é debeda, e como vos dixen a semana pasada, hoxe tocaba unha sobremesa coa crema de cacahuete caseira que xa fixemos. É unha receita desas que a min me gustan tanto, rápida, sinxela e moooi lambona! Con dicirvos que os ingredientes principais son a crema de cacahuete e o chocolate, xa vos digo todo, non? 😀 Estas barriñas están moi ricas, e aínda que para tomar con moderación, ao levar chocolate negro e a crema de cacahuete caseira, non é tan pouco saudábel 😉 Imos aló! Continue reading